spot_img
InicioGalicia"Maio solidario". Arranca a 8ª campaña de recollida de alimentos en 196...

“Maio solidario”. Arranca a 8ª campaña de recollida de alimentos en 196 supermercados de GADIS

Gadis pon en marcha por oitavo ano consecutivo a campaña “Maio Solidario”, en 2020 dentro do marco do programa #GadisColabora.

Un total de 196 supermercados de Galicia e Castela e León participan nesta edición; tres máis que o ano pasado. Ata o 31 de maio estará operativa a recollida de produtos non perecedoiros en puntos de venda de ambas as comunidades autónomas. Os destinatarios: 11 bancos de alimentos que atenden as necesidades de colectivos vulnerables.

A compañía quere destacar a gran xenerosidade e solidariedade mostrada por clientes e traballadores en anos precedentes. Desde que en 2013 arrincou esta campaña solidaria, reuníronse en total 932.807 quilogramos, incluíndo a achega directa de Supermercados Gadis. Sempre se optou pola fórmula de colaboración cos bancos de alimentos @teniendo en cuenta a súa experiencia e eficacia na repartición equitativa entre asociacións e ONG´ s de axudas aos menos favorecidos.

Un ano máis, as entidades que percibirán a axuda son os bancos de alimentos Rías Altas (A Coruña, Ferrol e Santiago), Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e Zamora.

Nesta ocasión, e debido ás actuais circunstancias, a compañía instalará e sinalizará os espazos habilitados para que os clientes poidan realizar as súas doazóns sen a presenza de voluntarios nos puntos de venda para manter a seguridade de todos.

Esta nova iniciativa solidaria súmase a outras que vén desenvolvendo Supermercados Gadis no marco de # GadisColabora por mor da difícil situación que atravesan diferentes colectivos desde hai varias semanas. Recentemente, a compañía realizou unha doazón directa de 30.000 quilos a 11 bancos de alimentos para paliar a escaseza de produtos ante o incremento da demanda por parte dos menos favorecidos.

Atendendo ás súas peticións, Gadis priorizou a entrega de leite, galletas, cereais, conservas, aceite, legumes e arroz, o que supuxo máis de 40.000 unidades de produto.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.