Inicio Galicia A Xunta salienta o papel fundamental que Pontevedra terá na recuperación do...

A Xunta salienta o papel fundamental que Pontevedra terá na recuperación do sector turístico galego

A Xunta salienta o papel fundamental que Pontevedra terá na recuperación do sector turístico galegoO Goberno autonómico presentou hoxe ao tecido empresarial da provincia o Plan de Reactivación cara a nova normalidade aprobado en Consello de Goberno

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e do director do Igape, Juan Cividanes, presentaron hoxe por videoconferencia aos profesionais da provincia de Pontevedra o Plan de reactivación do sector turístico galego fronte ao coronavirus, nun acto no que tamén participaron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro así como o presidente de Feprohos e secretario do Clúster de Turismo de Galicia, César Sánchez-Ballesteros.

Resaltou o carácter transversal das máis de 30 medidas desta nova folla de ruta que aspira a converter Galicia nun destino seguro e dar certezas

Durante o encontro, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou que a provincia de Pontevedra xogará un papel “fundamental” na recuperación do sector turístico galego. Neste sentido, lembrou que o ano pasado este territorio achegou o 34,5% do total de viaxeiros que chegaron a Galicia e o 40% das pernoitas.

Así pois, o titular de Cultura e Turismo subliñou que o Plan de Reactivación nace coa vontade de atallar as necesidades urxentes do sector como son o mantemento do emprego, a xeración liquidez para particulares e empresas e fomentar o consumo e a reactivación do sector. “O noso obxectivo é acompañarvos e apoiar ao tecido empresarial de Pontevedra e de toda Galicia durante a transición á nova normalidade”, destacou.

“Esta folla de ruta foi compartida con outras administracións para acadar sinerxías e optimizar os recursos das diferentes institucións”

Explicou ademais que se trata dun plan deseñado en colaboración co sector, recollendo boa parte da súas achegas, e que foi compartido cos representantes doutras administracións obxectivo de acadar sinerxías e optimizar os recursos e políticas públicas das diferentes institucións.

Primeiras medidas

Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro afondou na transversalidade desta folla de ruta para pór en marcha un Plan que conta cun investimento de 27 millóns de euros e preto de 50 medidas, das que case 30 son referidas ao eido do turismo, coa intención de fomentar o emprego, xerar liquidez e reactivar o consumo.

Recordou que se trata dun plan rápido, do que as primeiras medidas entrarán en vigor en maio, co que a Xunta pretende facer de Pontevedra en particular, e de toda Galicia en xeral, un destino seguro que xere confianza entre os futuros turistas e dea garantías tamén aos residentes. Por iso, como abordou na súa intervención, apoiaranse medidas hixiénico-sanitarias para os establecementos turísticos; reformularase a estratexia de promoción de destino adaptada a este novo contexto sanitario; promoverase un programa de consultoría e asesoramento para as empresas, fomentarase a formación ao sector e se promoverá o turismo interno co iniciativas como o programa de Queda en Galicia, entre outras accións.

Xacobeo 2021

O Plan prevé, ademais, que o Xacobeo 2021 funcione tamén como estímulo da actividade e do consumo para impulsar ás industrias cultura e turística. A aprobación deste plan aliñase coas medidas transversais impulsadas polo Goberno galego para a reactivación da actividade económica tras a crise sanitaria.

Concello-Baiona-renova-pegada-Camiño-Portugués-Costa

Nese sentido, o director do Igape, Juan Cividanes, explicou na súa intervención que a Xunta traballa por minimizar o impacto da crise no conxunto empresarial poñendo en marcha medidas que facilitan a reactivación da actividade de pemes e autónomos, acompañándoos con respostas urxentes que permitan facer fronte ás súas necesidades.

Cividanes destacou que tanto as novas liñas de axudas como os programas que se están a reforzar inciden en apoiar a liquidez dos colectivos empresariais máis vulnerables e os traballadores e promoven a dixitalización como unha das claves do novo entorno económico, ao tempo que inciden en garantir a confianza e a seguridade dos consumidores.

Entre os programas xa activados atópase a liña de préstamos sen intereses destinados a autónomos e pemes e os anticipos a traballadores afectados por un ERTE.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies