spot_img
InicioVigo e áreaRedondela"Magical Girl" estrea o Ciclo de Cinemas de Galicia en Redondela

“Magical Girl” estrea o Ciclo de Cinemas de Galicia en Redondela

O convMagical Girlenio de colaboración subscrito entre o a Concello de Redondela, a través da Concellaría de Cultura e a AGADIC, para achegar a Redondela as proxeccións de cinema incluídas dentro do programa CINEMAS DE GALICIA, inaugúrase este sábado co filme MAGICAL GIRL.

Cinemas de Galicia é unha rede de salas públicas para a exhibición cinematográfica impulsado pola Agadic, coa finalidade de incrementar o número de pantallas da Comunidade e mais as opcións de distribución dos filmes galegos máis recentes.

A experiencia inicial comezou a finais de 2014 en catro concellos, e neste 2015 estendeuse a outros tres, entre os que está Redondela. Presenta producións de calidade tanto galegas coma de cinema europeo actual,  en ámbitos afastados dos circuítos comerciais.

A programación en Redondela neste trimestre desenvolverase 2 venres ao mes, ás 21.00 h, no auditorio da Xunqueira, cun prezo único de entrada de 3 €.

Este venres, 1o de abril, proxectarase MAGICAL GIRL, dirixida por Carlos Vermut e protagonizada por Bárbara Lennie, Israel Elejalde, José Sacristán, Luis Bermejo, Alberto Chaves, Teresa Soria Ruano, Miquel Insua, Lucía Pollán e Elisabet Gelabert.

Sinopse: Alicia, unha nena de 12 anos enferma de cancro terminal, soña co vestido oficial da serie xaponesa “Magical Girl Yukiko”. Luis, o seu pai, profesor de literatura en paro, fará todo o posible para conseguilo. O seu destino crúzase co de Bárbara, unha atractiva moza con desordes mentais, e  co de Damián, un profesor retirado de todo menos do seu tormentoso pasado. Os tres quedarán atrapados nunha rede de escuras chantaxes na que se debaten os instintos e a razón.

Obtivo o Premio Goya á mellor actriz (Bárbara Lennie) e contou con 7 nominacións. E no Festival de San Sebastián 2014 obtivo a Concha de ouro á mellor película e ao mellor director.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.