spot_img
InicioVal MiñorGondomarArtesáns de toda Galicia daranse cita en Gondomar na III Feira de...

Artesáns de toda Galicia daranse cita en Gondomar na III Feira de Oficios Artesáns

Feria artesanos GoindomarCon motivo da celebración dos Días Europeos da Artesanía 2015, a Asociación de Artesáns do Val Miñor “Mestura”,  en colaboRación coa Concellaría de Cultura de Gondomar e a Escola de Cerámica de Gondomar organizan a III Feira de Oficios Artesáns para os días 11 e 12 de abril. O evento desenvolverase nunha carpa instalada ao seu efecto, na rúa Ángel Urzáiz.

A presentación e inauguración será o día 11 ás 12:30 horas. Esta Feira conta co apoio do escritor Pedro Feijoo experto en petroglifos e Xosé Lois Vilar, arqueólogo. Haberá conferencias, mesas redondas, talleres e demostracións de xoiaría, coiro, encaixe de bolillos e tala de madeira.

O domingo levarase a cabo o  I Concurso de Torneiro Alfareiro, ás 16:45 horas haberá con un contacontos para facer as delicias dos máis pequenos, ás 18:00 horas do domingo na Casa da Cultura celebrarase unha charla “Luis Seone: O artista comrpometido coa súa terra” da man de Paula Mariño Pazo, mestra de pintura na EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo)e ás 19:00 demostración de Forno Rakú.

O público asistente poderá participar de forma activa nas demostracións en vivo dos oficios que levarán a cabo os artesáns.

De todas as mostras organizadas con motivo dos Días Europeos da Artesanía, esta será a máis grande de toda comunidade, durante estes dous días Gondomar acollerá a máis de 30 artesáns de toda Galicia traballando en vivo,  en horario ininterrumpido dende as 11:00 horas da maña ata as 22:00 horas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.