A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa xunta de goberno, conceder un total de 181.436 euros ao Concello de Gondomar para desenvolver tres obras: a humanización dunha parte da rúa Emigrante, construir unha segunda pista de tenis no Parque das Cercas e instalar unha estación de bombeo no lugar de Lousado, parroquia de Borreiros.
Para a humanización de parte da rúa Emigrante, a cantidade asignada é de 60.494 €. Humanizaráse parte da rúa Emigrante _entre Angel Urzáiz e Levada do Beco_ para facilitar movilidade de peatóns e veciños. Con ese fin, instalaránse novas aceras de 2 metros de ancho (agora son discontinuas, diferentes e con distinto ancho) con bordillos e perfiles de granito; construiránse pasos elevados de peatóns; e dotaráse á zona de alumeado público e pavimento unificado.
A construcción da segunda pista de tenis no Parque das Cercas suporá unha inversión de 60.469 €. O Parque das Cercas ocupa 3,5 hectáreas. Xa alberga unha pista de baloncesto; unha de skate-board; un paseo fluvial, campos de birlos, xardins e un sendeiro deportivo.
Agora construiráse unha segunda pista de tenis para aumentar a oferta deportiva; mellorar as condicións das beiras do río Miñor mediante o uso da rasante natural das beiras do cauce; e acondicionar o entorno das instalacións deportivas e recreativas mellorando as instalacións pluviais e de drenaxe ao longo das novas pistas e do sendeiro existente.
Finalmente, a instalación e equipamento de bombeo de augas residuais no lugar de Lousado, na parroquia de Borreiros, terá un orzamento de 60.473 euros.
A parroquia tén rede de saneamento que recolle vertidos de vivendas e as conduce ata unha fosa séptica existente na parte baixa da urbanización.
Con esta obra, trátase de instalar un pozo de bombeo no lugar onde se atopa a fosa séptica e de realizar unha canalización que traslade os verquidos de augas residuais á rede de saneamento municipal xa existente. A nova instalación terá un funcionamento totalmente automatizado.



