spot_img
InicioVigo e áreaVigoLuz verde á firma dun acordo para o impulso da Iniciativa de...

Luz verde á firma dun acordo para o impulso da Iniciativa de Portos Azuis

O tráfico de cruceiros no Porto de Vigo empeza a situarse en cifras prepandémicasO Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, que renovou as reunións presenciais tras a pandemia, deu luz verde á firma dun acordo para o impulso da Iniciativa de Portos Azuis, liderada por FAO, xunto coa Secretaría Xeral de Pesca, Portos do Estado, a Autoridade Portuaria de Vigo e a Consellería do Mar

Cousas de revista nº16

A Iniciativa de Portos Azuis é pioneira a nivel global como impulsora dos portos pesqueiros como enclaves estratéxicos para o fortalecemento da cadea de valor do sector da pesca a través do intercambio de coñecemento entre os máis de 20 países e organizacións internacionais que forman parte dela e onde se poñen de relevancia boas prácticas dirixidas á profesionalización do sector, a dixitalización das operacións, a incorporación de enerxías renovables ou o mercado de produtos pesqueiros de calidade, entre outros.

A Autoridade Portuaria de Vigo leva colaborando coa FAO no deseño e posta en marcha desta iniciativa desde o ano 2019, habendo acollido dous encontros de representantes portuarios e pesqueiros a nivel global nos que se puxeron en común temas de gran relevancia para a sustentabilidade dos portos pesqueiros.

O acordo, que se asinará proximamente entre as autoridades españolas, permitirá contribuír económica e tecnicamente ao desenvolvemento dun programa de formación que será impartido a nivel internacional para o reforzo da competitividade dos portos pesqueiros. Con iso, a Autoridade Portuaria de Vigo terá a oportunidade de reforzar os lazos de colaboración cos seus homólogos, favorecendo a cooperación técnica baseada no intercambio de boas prácticas e promovendo as relacións comerciais actuais e futuras.

Un paso máis para a oficina da FAO

Con todo iso, espérase que esta contribución, aliñada cos obxectivos da estratexia do Crecemento Azul de España, constitúa un paso máis para facilitar o impulso da creación e xestión da oficina da rede global de Portos Azuis da FAO en España e a súa localización no Porto de Vigo, por ser este o primeiro porto español en tráfico de pesca e un referente internacional.

Segundo valorou Vázquez Almuiña, a estratexia europea de economía azul sostible liderada polo Porto de Vigo desde 2016 “verase reforzada coa firma deste acordo”, xa que “contribuirá a consolidar o seu posicionamento internacional como referencia de cooperación e desenvolvemento sostible”.

A colaboración da institución que preside Vázquez Almuiña coa FAO súmase a outras xa existentes, como a coordinación da Estratexia Atlántica da Comisión Europea no Pilar de Portos, a coordinación do grupo de traballo de Economía Azul da Asociación Europea de Portos (ESPO), ou a cooperación coa Unesco en materia de planificación espacial mariña.

- Publicidade -spot_img