spot_img
InicioPontevedra e ÁreaLuis López reivindica na presentación de PortAmérica a importancia do traballo conxunto...

Luis López reivindica na presentación de PortAmérica a importancia do traballo conxunto para construir unha provincia próspera e con futuro

Luis López reivindica na presentación de PortAmérica a importancia do traballo conxunto para construir unha provincia próspera e con futuroO recentemente elixido Presidente da Deputación de Pontevedra, participou na presentación do festival PortAmérica onde situou á cultura, ao turismo e á sostibilidade como elementos clave para a Deputación

Revista COUSAS DE Nº18

Primeiro acto oficial como presidente da Deputación para Luis López, que acaba de participar na presentación da nova edición de PortAmérica xunto ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, ao director xeral da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles e representantes do ámbito privado como Juan Martínez Inchausti, responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia, e do sector cultural como Kin Martínez Silva, director do festival e de Esmerarte.  No acto, o presidente subliñou a importancia do traballo conxunto para “avanzar e construír unha provincia próspera e con futuro” e relacionou os “puntos fortes” de PortAmérica, entre os que situou a promoción da cultura, o turismo e a sostibilidade, cos elementos clave para a Deputación.

AQUÍ ATOPARÁS TODA INFORMACIÓN SOBRE O FESTIVAL

“Este festival e este acto exemplifican con claridade cal quero que sexa a miña folla de ruta e liña de traballo destes catro anos que veñen por diante” destacou o presidente para poñer en valor a colaboración entre administracións e co sector privado que se exemplificou na presentación da nova edición de PortAmérica. “Todos –asegurou- remando na mesma dirección, que non é outra que impulsar e potenciar a nosa industria cultural que, neste caso, vai unida ao turismo, un dos grandes motores económicos da nosa provincia”. Neste aspecto, López adiantou que a promoción da industria cultural será un dos grandes retos nos que se vai centrar o novo goberno provincial, así como o impulso aos sectores económicos da provincia como é o caso do turismo. “Somos o principal destino turístico de Galicia e imos traballar arreo para ser, se cabe, máis competitivos do que xa somos”, asegurou, ao tempo que manifestou que non se perderá de vista o compromiso coa contorna natural, “porque as consecuencias do cambio climático están aí e non poden permanecer alleas ás políticas públicas”. E, para conseguilo, o presidente apelou á colaboración entre institucións e entre o sector público e privado para “dar respostas e solucións ás demandas da cidadanía e construír unha provincia con máis oportunidades”.

PortAmérica

PortAmérica trátase, tal e como remarcou Luis López, dunha das citas galegas “por excelencia” do calendario estival. Deste xeito, o presidente enxalzou a ampla oferta musical do festival, a súa proposta gastronómica a través do aclamado “Showrocking” e o compromiso que ten o evento coa sostibilidade a través de iniciativas como “Unha entrada, unha árbore”. “Sobran –asegurou- os motivos para acudir a Portas entre o 13 e o 15 de xullo”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.