spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaLectura radiofónica do Quixote en Redondela, 23 de abril Día Internacional do...

Lectura radiofónica do Quixote en Redondela, 23 de abril Día Internacional do Libro

Día Internacional do Libro lectura do Quixote radiofónica RedondelaA Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela coa colaboración das mesmas  e de Radio Redondela, únese ás celebracións que en todo o estado español se levan a cabo este ano para conmemorar os 400 anos da Segunda parte do Quixote publicada en 1615.

Miguel de Cervantes non tiña inicialmente a intención de publicar unha segunda parte da obra, pero a aparición do Quixote de Alonso Fernández de Avellaneda impulsouno a crear a que para moitos é a mellor continuación da historia.

A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, a Radio Municipal e as bibliotecas, queren sumarse a este  aniversario coa gravación e emisión  radiofónica de distintos fragmentos do texto que se emitirán ao longo do mes de abril na Radio Municipal de Redondela, de luns a venres, no programa matinal “A Estación” a partir das 11 da mañá e, dun modo continuado, o 23 de abril, Día Internacional do Libro, a partir das 20:00 h.

Pero as verdadeiras protagonistas desta iniciativa son todas as persoas que puxeron a súa voz para dar vida a estas pasaxes e ás que os membros da asociación e colaboradores queren agradecer a súa contribución,  sen a cal este proxecto non tivese sido posible

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.