spot_img
InicioVigo e áreaVigoFeijóo subliña que, coa licitación do proxecto de construción da nova terminal...

Feijóo subliña que, coa licitación do proxecto de construción da nova terminal de autobuses, Vigo será a primeira cidade de Galicia en contar cunha estación intermodal

Feijóo-subliña-licitación-proxecto-construción-da-nova-terminal-autobuses-Vigo-será-a-primeira-cidade-de-Galicia-en-contar-cunha-estación-intermodalO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe que coa licitación do proxecto básico para a construción da nova estación de autobuses, Vigo será a primeira cidade de Galicia en dispoñer dunha estación intermodal. Así o manifestou tras a xuntanza do Consello, que avaliou o cronograma para a edificación desta infraestrutura.

Segundo explicou, unha vez que nas vindeiras semanas se van poñer a disposición dos usuarios os billetes do AVE, o Diario Oficial de Galicia publicará o próximo luns a licitación do proxecto básico e de execución da nova terminal de autobuses de Vigo, que estará integrada na futura estación intermodal da cidade, a primeira que se porá en marcha en Galicia.

O mandatario galego precisou que a Xunta dá así luz verde a este proxecto no que vén traballando desde hai máis de medio ano. “En xullo do ano pasado contratamos o estudo da estación intermodal de Vigo; en decembro do ano 2014 quedaron rematados os estudos previos da terminal de autobuses integrada en Vigo; e agora, unha vez que levamos traballando oito meses neste proxecto, licitamos a construción a través do proxecto técnico construtivo para posteriormente, licitar a obra”.

Feijóo concretou que no mes de xullo de 2015, tras a correspondente adxudicación do proxecto, poida asinarse o contrato e dean comezo seguidamente os traballos de redacción. Cun prazo de execución de nove meses, a previsión, dixo, é licitar a obra no primeiro semestre do ano 2016 e adxudicala a partir da súa licitación sempre dentro do ano 2016.

No tocante ao custo desta nova terminal de autobuses de Vigo, na falta do proxecto definitivo, asegurou que non baixará de 10 millóns de euros, que se unen aos 120 millóns de euros que custou a estación de alta velocidade en Vigo.

Favorecer a intermodalidade entre os distintos medios de transporte
Estamos dando un paso máis para converter Vigo na primeira cidade con estación intermodal, cunha nova estación de autobuses; para favorecer a mobilidade das persoas, e para potenciar o uso do transporte público unha vez que conflúen no mesmo punto o transporte por ferrocarril e o transporte por autobús”, dixo.

Segundo avanzou, a idea é ir estendendo os efectos do tren de alta velocidade ás vilas e aos núcleos máis rurais de Galicia, e proseguir no resto das cidades galegas cos estudos previos para a construción das súas respectivas estacións. O obxectivo, engadiu, é que os 34 millóns de euros de fondos europeos dispoñibles para execución das estacións intermodais, permitan avanzar con maior ritmo posible no ano 2015 e 2016 no resto das cidades de Galicia.

http://bit.ly/1DmvwyM

- Publicidade -spot_img