spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda"La Icónica" cumpriu co desafío para case 150 participantes

“La Icónica” cumpriu co desafío para case 150 participantes

"La Icónica" cumpriu co desafío para case 150 participantes
Paso polo Mosteiro de Oia.-Foto de Saúl Álvarez

La Icónica, unha proba que uniu Oia e Tui, viviu dúas grandes xornadas a pasada fin de semana

No primeiro percorrido, entre Oia e A Guarda, que constaba de 15 quilómetros, celebrouse o sábado. Despois, o domingo, os participantes afrontaron o máis esixente, co dobre de quilómetros entre A Guarda e Tui. Tiveron que pasar polo Rosal, Tomiño, Vilanova de Cerveira, Valença do Minho e Tui. Foron case 150 as persoas que se aventuraron a realizar unha proba que tiña como un dos seus principais alicientes o poder facela na modalidade de marcha nórdica. Unha especialidade nova e que xa ten unha gran aceptación en Galicia.

"La Icónica" cumpriu co desafío para case 150 participantes
Saída de Oia.- Foto Saúl Álvarez

 

A proba atravesou lugares emblemáticos, tal como era o seu obxectivo. Saíu das inmediacións do Mosteiro de Oia, un escenario de película. Alí tamén se citaron os alcaldes da Guarda, Antonio Lomba, Oia, Cristina Correa, O Rosal, Ánxela Fernández, Tomiño, Sandra González e o concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez. Eles xa coñecen a espectacularidade da travesía, pero experimentaron novas sensacións, do mesmo xeito que os participantes. O ‘Camiño Portugués pola costa’ tamén supón un aliciente para os peregrinos. Descubrilo formou parte da filosofía de La Icónica.

Como non podía ser doutro xeito, á iniciativa uníronse os concellos de Villanova de Cerveira e Valença do Minho. Ambas as entidades tamén contribuíron co seu apoio á divulgación da zona. A maior parte dos case 150 participantes cubriron o percorrido, esixente por ser tan longo. E todos prometeron volver o próximo ano.

 

- Publicidade -spot_img