spot_img
InicioBaixo MiñoO IV Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade reunirá en Valença a máis...

O IV Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade reunirá en Valença a máis dun centenar de parellas de baile

iv-trofeo-baile-deportivo-eurocidade-reunira-valenca-mais-dun-centenar-parellas-baileEsta mañá na sala de concelleiros de Tui tivo lugar a presentación do IV Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade, evento que celebrarase o domingo 26 de novembro, no pavillón municipal de Valença, e co que pecharase o Calendario de Actividades Deportivas da Eurocidade 2017.

A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, do concelleiro de Deportes de Tui, Andrés Urseira, do vereador de Desporto de Valença, José Monte, así como do responsable do evento, Miguel Abreu.

Andrés Urseira, concelleiro de Deportes de Tui, invitou a todos a achegarse ata o Pavillón de Valença para gozar do espectáculo, no que participan persoas de todas as idades. Tamén quixo destacar como esta iniciativa é un xeito de eliminar as barreiras entre os dous lados do Miño tamén dende o punto de vista burocrático, ao tratarse dun esforzo de cooperación para traballar con dúas federacións distintas.

José Monte, vereador de Desporto de Valença, tamén resaltou estas actividades como a esencia da Eurocidade, facendo un balance positivo da programación deportiva conxunta deste 2017. Tamén destacou o traballo que ven facendo Abreu desde hai tempo.

Miguel Abreu, como organizador do evento, foi o encargado de explicar máis polo miúdo os aspectos técnicos dunha competición na que haberá distintas modalidades e contará para as puntuacións tanto da Federación Española de Baile Deportivo como do Trofeo do Norte de Portugal. Segundo informou Abreu, os competidores que interviran o próximo día 26, chegarán do norte de Portugal e sobre todo da nosa comunidade, inda que pode vir algún do resto de España.

Amais apunto que, aínda que o prazo de inscrición está aberto, agardan unha participación de preto de 300 persoas de idades que van desde os 6 anos ata máis de 65.

Finalmente o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, aproveitou a súa intervención para felicitar tanto aos responsables de deporte de Tui e Valença como aos organizadores do evento. Amais quixo poñer de relevancia que con propostas coma esta se constata  que a axenda conxunta está a dar un paso máis na súa consolidación.

iv-trofeo-baile-deportivo-eurocidade-reunira-valenca-mais-dun-centenar-parellas-baile
De esq. a dta. José Monte, Carlos Vázquez Padin, Miguel Abreu e Andrés Urseira

BAILE DEPORTIVO

O Baile Deportivo é o Baile de Salón, levado á competición. Ten duas modalidades, unha é a estandar, que son os bailes máis clásicos (tango, bals lento, bals vienés, etc) e os bailes latinos (samba, chá chá chá, rumba, pasodoble e jive). Estos son bailes que regula a Federación Española de Baile Deportivo, que é unha federación recoñecida polo Comité Olímpico Español a nivél internacional e tamén está recoñecida polo Comité Olímpico Internacional.

- Publicidade -spot_img