spot_img
InicioVigo e áreaVigoIsaac Díaz Pardo protagonista dunha xornada no MARCO

Isaac Díaz Pardo protagonista dunha xornada no MARCO

isaac-diaz-pardo-protagonista-dunha-xornada-no-marcoCo gallo do “Día das Artes Galegas 2025” o pasado xoves tivo lugar no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MARCO a primeira das conferencias encadradas nesta celebración dedicadas ao artista “Isaac Díaz Pardo”, figura homenaxeada nesta edición, cunha charla a cargo do académico e fillo de Isaac Díaz Pardo, Xosé Díaz Arias de Castro e do presidente da Academia Galega de Belas Artes Manuel Quintana Martelo, acto que foi presentado polo tamén académico e director de MARCO Miguel Fernández-Cid Enríquez.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

A Academia Galega de Belas Artes tivo en conta para esta dedicación os seus numerosos méritos. Á súa condición de destacado representante da arte galega como ilustre pintor e ceramista, únese a súa profunda vinculación ao longo de máis de medio século na nova etapa da restauración da Cerámica de Sargadelos, a que Díaz Pardo, ademais dunha empresa, concebiu como centro de investigación, tecnoloxía, deseño e difusión das artes e da cultura de Galicia; creador e impulsor das Cerámicas do Castro, do Laboratorio de Formas de Galicia (xunto con Luis Seoane, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2019), das Edicións do Castro, do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, do Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos, do Laboratorio Xeológico de Laxe, e do Instituto Galego de Información, entre outros.

O artista e intelectual Isaac Díaz Pardo ingresou como académico de Honra da Real Academia Galega de Belas Artes o 16 de xuño de 2009 nun acto celebrado na sede da Institución e é unha figura fundamental e referente ineludible para poder comprender as artes contemporáneas do noso país.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.