spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán culmina o Memorial 'Alfonso Álvarez Cáccamo' adicándolle un dos pasos da...

Nigrán culmina o Memorial ‘Alfonso Álvarez Cáccamo’ adicándolle un dos pasos da praza da Biblioteca

nigran-culmina-o-memorial-alfonso-alvarez-caccamo-adicandolle-un-dos-pasos-da-praza-da-bibliotecaA familia e achegados descubriron xunto ao alcalde o primeiro chanzo da escaleira, tallado co seu verso ‘Onde flúen as distancias do primeiro río’

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

O Concello de Nigrán culminou este mediodía o ‘Memorial Álfonso Álvarez Cáccamo’ que se desenvolvía desde o mércores no Auditorio Municipal adicándolle un dos pasos da Praza da Biblioteca. Deste xeito, a familia, achegados e o alcalde de Nigrán, Juan González, descubriron o primeiro chanzo da escaleira exterior, onde se pode ler tallado no granito o verso ‘Onde flúen as distancias do primeiro río’, do seu libro’Sebes contra o vento’ . O rexedor avanzou que os outros restantes serán adicados tamén a escritores vinculados coa localidade.

O insigne escritor, falecido en marzo de 2023, desenvolveu boa parte da súa vida en Nigrán, onde exerceu como docente de diferentes xeracións de nigraneses no CPI Arquitecto Palacios de Panxón. O seu piano forma parte da Escola Municipal de Música do Concello de Nigrán por expreso desexo dos seus fillos, quenes doaron o instrumento tras o seu falecemento. A homenaxe arrancou mércores coa inauguración dunha exposición na súa memoria no Auditorio Municipal e diferentes palestras a cargo de expertos que tiveron lugar ata este sábado e que abordaron a súa literatura ou o seu sentido do humor (entre os interviñentes Antón Mascato, Manuel Forcadela, Gonzalo Navaza, Marga do Val, Xavier Queipo, Xosé Cid Cabido, Marta Dacosta, Carlos Méixome, Laura Lesta García Pepe Carreiro, Xosé Lois González ou Lola Vázquez).

Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo, 1952-2023)

Alfonso estudou Maxisterio e Filosofía e traballou como docente no CPI Arquitecto Palacios de Panxón, en Nigrán, municipio onde fixo boa parte da súa vida. Articulista de prensa, colaborou en ‘Faro de Vigo’, ‘A Nosa Terra’, e as revistas de humor ‘Can sen Dono’ e ‘Xó!’. Da súa obra literaria narrativa destacan títulos como ‘Peito de vimbio’ (1988); ‘As baleas de Eduardo Reinoso’ (1990); ‘O eco de Ramallón’ (1992); ‘Xente de mala morte’ (1993); Catapulta (1995); ‘O espíritu de Broustenac’ (1996); ‘Contos mamíferos’ (1998); ‘O bosque de Levas’ (2002); ‘A revolución dos globos’ (2008); ‘O destino de Clarescura Lens’ (2012) ou ‘Os Gotten’ (2014). Ao seu pai, Xosé María Álvarez Bázquez (Letras Galegas 2008) dedicoulle unha biografía publicada en 1994. Foi tamén escritor de poesía, publicando as obras ‘Na flor do vento’ (1999) e ‘Sebes contra o vento’ (2009).

Recibiu diferentes premios literarios como O Café de Catro a Catro; o Xerais de novela; o Álvaro Cunqueiro de narrativa; o Modesto R. Figueiredo ou o Manuel Murguía.

Cultivou o humorismo, a música, as artes plásticas, o amor e a amizade, estarricando a vida dende a súa fecunda creatividade e a infinita bonhomía polas que será lembrado.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.