spot_img
InicioBaixo MiñoIntegrantes da plantilla do Acanor Novás toman partido contra a violencia machista

Integrantes da plantilla do Acanor Novás toman partido contra a violencia machista

O Acanor Novás toma partido contra a violencia machistaIntegrantes  do Club de Balonmano Acanor Novas súmanse á Campaña ‘EU TOMO PARTIDO’ Contra a Violencia de Xénero 2018 do Concello do Rosal

Este ano parte do equipo de Acanor Novás colabora neste proxecto que pretende visibilizar e posicionarse en contra da  violencia de xénero.

10 persoas entre xogadores e directivos do Acanor Novás de balonmán decláranse abertamente contrarios á violencia exercida contra as mulleres e rexeitan calquera tipo e agresións.

Neste ano 2018 Miguel Trigo, Manu Martínez, David Lechuga, Yago Alonso, Paulo da Costa, David G.Pichel, Pablo Alonso, César Armán, Germán “Jimmy” e Manolo “Campelo” colaboran no proxecto que se iniciou hai 3 anos e no que colaboraron xa en anteriores edicións deportistas locais no ano 2015, profesorado dos centros educativos do Rosal no ano 2016 e profesoras da escola infantil Galiña Azul do Rosal no pasado ano 2017.

Nesta ocasión, dende o Concello queren agradecer a parte da plantilla a súa colaboración nesta causa xa que son caras moi visibles entre a xente nova e modelos de compartamento tanto dentro como fora da pista deportiva.

Os carteis serán repartidos entre o comercio local e expostos nas redes Sociais e web do Concello.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.