spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaIniciativa en Redondela para evitar que certos residuos altamente contaminantes acaben na...

Iniciativa en Redondela para evitar que certos residuos altamente contaminantes acaben na contorna natural

Iniciativa en Redondela para evitar que certos residuos altamente contaminantes acaben na contorna naturalA Concellaría de Medio Ambiente de Redondela vén de instalar no aparcadoiro de A Xunqueira un punto informativo sobre o funcionamento do saneamento das vivendas e como utilizar correctamente os elementos domésticos desta rede para alongar a súa vida e evitar problemas medioambientais.

Medio Ambiente instala na Xunqueira un punto informativo sobre o saneamento das viviendas

Baixo o lema “Pequenos xestos que evitan grandes problemas” e de xeito moi didáctico, con paneis e unha recreación do sistema de sanemento dunha vivenda; o punto informativo explica á veciñanza  que residuos non se deben tirar polo váter ou polo vertedoiro.

Así, a campaña de Medio Ambiente pretende non só evitar problemas nas propias vivendas senón que certos residuos altamente contaminantes, como toalliñas, compresas ou cabichas, acaben nos ríos e na contorna natural provocando problemas medioambientas e sanitarios.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.