spot_img
InicioBaixo MiñoInaugurado o novo aparcadoiro e área de recepción de visitantes da Ruta...

Inaugurado o novo aparcadoiro e área de recepción de visitantes da Ruta dos Muíños do Folón e do Picón no Rosal

inaugurado-o-novo-aparcadoiro-e-area-de-recepcion-de-visitantes-da-ruta-dos-muinos-do-folon-e-o-picon-no-rosal

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou hoxe no Rosal a área de recepción de visitantes e o aparcadoiro dos Muíños do Folón e do Picón para os que a Xunta destinou un total de 250.000 euros.

Durante o acto, a responsable de Turismo da Xunta destacou que a dita intervención pon en valor este conxunto patrimonial, declarado Ben de Interese Cultural, do cal afirmou “constitúe un complexo histórico, etnográfico e industrial único en Europa”.

Neste senso, Nava Castro engadiu que, ademais, esta mellora potenciará a oferta turística da comarca do Baixo Miño.

Os traballos realizados nos Muíños de Folón e do Picón incluíron a creación dunha área de chegada, dunha zona de aparcadoiro para turismos e autobuses e dun punto limpo para que os visitantes deixen recollidos os residuos que xeren durante a súa visita.

Así mesmo, realizouse un pequeno volume que acolle uns aseos para uso dos visitantes e acondicionouse unha zona para charlas ao aire libre e descanso.

“Desta maneira, ademais de visitar o conxunto mediante unha ruta circular, poderanse realizar actividades complementarias e relacionadas co ocio e co turismo neste espazo natural”, explicou a directora de Turismo de Galicia.

De feito, o acto de inauguración complétase esta tarde ás 20:30 horas coa representación teatral ‘Historias peregrinas’ que terá lugar no propio conxunto patrimonial.

Para finalizar, Nava Castro aproveitou a ocasión para enxalzar o rico patrimonio de Galicia do cal afirmou “aglutina importantes tradicións e elementos etnográficos e da vida social e tradicional polos que debemos apostar para non perder esta cultura propia que nos identifica como pobo”.

inaugurado-o-novo-aparcadoiro-e-area-de-recepcion-de-visitantes-da-ruta-dos-muinos-do-folon-e-o-picon-no-rosal

Convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia

Unha das demandas máis repetidas por calquera dos moitísimos visitantes deste Ben de Interese Cultural, ao longo de moitos anos, era que se crease un espazo que tivese as mínimas condicións para poder estacionar os vehículos particulares e no seu caso os autobuses que ata aquí achéganse e gozar tranquilamente desta Ruta tan recoñecida.

Todo xorde durante unha visita da Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro ao Rosal, na que desde o Concello trasladóuselle a necesidade de dotar ao BIC de aparcadoiro, dado o elevado número de visitantes que ten ao ano.

Esta petición tivo moi boa acollida e despois de diversas conversacións, asinouse un convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello para o “Acondicionamento da  Área de Recepción de visitantes do BIC Muíños do Folón e do Picón”

O proxecto cuxo autor é  Mauro Lomba Martínez, contou cunha dotación: 250.000 €, para cubrir os gastos derivados da elaboración do proxecto, execución da obra e a necesaria e imprescindible compra de terreos anexos á contorna do BIC

A obra que se executou durante os meses de novembro e decembro do pasado ano, conta cunha superficie total de edificación e urbanización de aproximadamente 1.100 m2,  que están distribuídos da seguinte maneira:

*700 m2 de aparcadoiro, que están pensados para dous autobuses e o resto para turismos.

*300 m2 de área de descanso, que inclúen bancadas para charlas a visitantes  ou gozar de espectáculos ao aire libre, como teatro ou música

*Aseos

*Punto de reciclaxe de residuos

ACTIVIDADES PREVISTAS

O Concello  presentará a obra ao público coa escenificación  ‘in situ’ da obra teatral ‘Historias Peregrinas’ do grupo ATREZO TEATRO.

Recentemente plantáronse 60 carballos na ruta do Folón, quedando pendente facelo na do Picón. O Concello contou para iso con 12  voluntarios, cuxas  tarefas foron dirixidas e coordinadas por Ignacio do Río.

OS MUIÑOS

Estas construcións, atópanse dentro do concello do Rosal, entre os lugares de Martín e Fornelos, na ladeira do Monte Campo do Couto, desde o cal se pode contemplar todo o val do Rosal, a desembocadura do río Miño e o Monte onde se atopa o Castro de Santa Trega.

Son 67 muíños divididos en dous tramos que reciben dous nomes diferenciados:Muíños do Folón e muíños do Picón,

Destacan pola impoñente marabilla de enxeñería tradicional que mostran, así como polo seu aparentemente fráxil equilibrio sobre as costas onde se atopan. Ademais a súa contorna, coidado con esmero, permite ver multitude de especies vexetais especialmente favorecidas pola bonanza do microclima da zona.
inaugurado-o-novo-aparcadoiro-e-area-de-recepcion-de-visitantes-da-ruta-dos-muinos-do-folon-e-o-picon-no-rosal

- Publicidade -spot_img