spot_img
InicioVal MiñorNigránInaugurada na Biblioteca Municipal de Nigrán a exposición 'Francisco Fernández del Riego:...

Inaugurada na Biblioteca Municipal de Nigrán a exposición ‘Francisco Fernández del Riego: unha idea de Galicia e da liberdade’

Inaugurada na Biblioteca Municipal de Nigrán a exposición 'Francisco Fernández del Riego unha idea de Galicia e da liberdade'O autor a quen este ano se lle adican as Letras Galegas está enterrado en Nigrán, municipio onde tiña unha segunda residencia

Revista COUSAS DE Nº17

O Concello de Nigrán inaugurou este xoves na Biblioteca Municipal a exposición ‘Francisco Fernández del Riego: unha idea de Galicia e da liberdade’. A mostra, elaborada xunto á Fundación Penzol e a Editorial Galaxia, supón o punto de partida aos actos do Concello de Nigrán en homenaxe a quen foi un dos seus veciños máis ilustres e protagonista este ano do Días das Letras Galegas.

No acto interviron, Xosé Manuel Soutullo, director da Fundación Penzol; Carlos Méixome, fundador do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e promotor de Del Riego como fillo predilecto de Nigrán e Juan González, alcalde de Nigrán e tamén fundador do IEM.

Inaugurada na Biblioteca Municipal de Nigrán a exposición 'Francisco Fernández del Riego unha idea de Galicia e da liberdade'
De esq. a dta. Juan Gonzáez, Carlos Meixome e Xosé Manuel Soutullo

Soutullo lembrou que este ano “cúmprense 60 anos de tres feitos moi transcendentes na historia da cultura galega conemporánea, da segunda mitade do século XX, que son os 60 anos da institución do Día das Letras Galegas, na que Del Riego foi o principal impulsor. O segunfo fito foi e a creación da revista Grial, da que foi codirector durante 25 anos. E o terceiro fito foi a creación da Fundación Penzol, que dirixiu rexiamente, intensamente e xenerosamente, durante 47 anos, hasta pocos meses antes do seu falecemento.”

Inaugurada na Biblioteca Municipal de Nigrán a exposición 'Francisco Fernández del Riego unha idea de Galicia e da liberdade'

Juan González, tivo palabras de recordo dun tempo no que el como hitoriador achegábase ata a Fundación Penzol para documentarse e onde tivo a posibilidade de falar co noso protagonista. Para o Alcalde de Nigrán “é unha figura imprescindible dentro da historia galega e unha figura imprescindible tamén para o Concello de Nigrán, e parecia que tenía que ser obligatorio que despois que a Real Academia Galega decide que sexa o home elixido para o Día das Letras, era o mínimo que podíamos facer, trasladándolle á familia o cariño, non so do Concello, se non tamén do todo os veciños de Nigrán, por iso está aquí na Biblioteca.” 

Inaugurada na Biblioteca Municipal de Nigrán a exposición 'Francisco Fernández del Riego unha idea de Galicia e da liberdade'

 

Pola súa banda, Carlos Méixome, da parte máis persoal. “A casa de Don Paco – comeza dicindo o que foi o primer director e fundador do IEM – é a Penzol, a casa do militante, porque o que era Paco del Riego, era militante político e militante da cultura galega. E eso era o que era Don Paco, o militante convencido que fai un labor porque ten un proxecto de pais e ten unha idea do que hai que facer, con canet de militante o sen el, eso é indiferente.” Méixome lembrou a doaczón de mías de 600 volúmenes ao IEM – que despóis foron para os fondos da Biblioteca de Nigrán – e tamén cando dende o IEM se propuso a Del Riego como fillo adoptivo de Nigrán e como esta propoosta foi aprobada por unanimidade.

Inaugurada na Biblioteca Municipal de Nigrán a exposición 'Francisco Fernández del Riego unha idea de Galicia e da liberdade'

Unha placa lembra a Francisco Fernández del Riego en Praia América, no preciso lugar que elexía cada verán para darse os seus baños diarios no mar e os seus paseos

Francisco Fernández del Riego (1913-2010) está enterrado no Cemiterio de San Pedro da Ramallosa (Nigrán) e elixiu o  municipio como lugar da súa segunda residencia, sendo nomeado fillo predilecto de Nigrán no ano 2002 e sendo un dos nosos grandes benefactores culturais ao doar 1.000 exemplares da súa biblioteca da casa de Lourido ao Concello, libros que forman parte do fondo bibliográfico do municipio.

 

Inaugurada na Biblioteca Municipal de Nigrán a exposición 'Francisco Fernández del Riego unha idea de Galicia e da liberdade'

Máis actos

O Concello de Nigrán, ademais de nomear unha sala da Biblioteca como ‘Francisco Fernández del Riego’, ofrecerá o martes 16 de maio unha serie de actos na súa honra. Así, pola mañá o alcalde depositará un ramo de flores en nome da veciñanza na súa tomba no cemiterio de San Pedro e ás 20:00 horas, xunto á placa adicada a el no areal de Lourido, a nigranesa Lucía Doval ofrecerá un concerto e Teatro do Ar unha pequena obra de teatro, ambas actuacións preparadas ex-profeso para esta homenaxe.

- Publicidade -spot_img