spot_img
InicioVigo e áreaVigoInauguración no Museo Municipal "Quiñones de Léon" de Castrelos da exposición "Alice...

Inauguración no Museo Municipal “Quiñones de Léon” de Castrelos da exposición “Alice Austen. Desfacer o xénero”

inauguracion-no-museo-municipal-quinones-de-leon-de-castrelos-da-exposicion-alice-austen-desfacer-o-xeneroEste xoves, día 30 de novembro, ás 20:00 h, terá lugar no Museo Municipal “Quiñones de Léon” de Castrelos o acto de inauguración da exposición “Alice Austen. Desfacer o xénero”

Revista Cousas De Nº19

Este xoves, día 30 de novembro, ás 20:00 h, terá lugar no Museo Municipal “Quiñones de Léon” de Castrelos o acto de inauguración da exposición “Alice Austen. Desfacer o xénero”.

ALICE AUSTEN (1866 – 1952) foi unha das primeiras e máis prolíficas fotógrafas de Estados Unidos. Unha artista cunha forte sensibilidade estética e unha rebeldía que rachou coas limitacións da vida victoriana.

A súa fotografía sitúaa especificamente nun contexto contemporáneo como a muller moderna que foi e como quería ser representada. A imaxe provocativa e altamente escenificada de Austen e as súas amigas máis próximas, demostra a sensibilidade de Alice ao desafiar os roles de xénero.

En xuño de 2017, Alice Austen House, onde Austen e a súa compañeira de vida,
Gertrude Tate, viviron xuntas durante case 30 anos, quedou asignada en EEUU como un espazo emblemático da historia LGBTQ.

Neste escenario familiar, aos 11 anos, Alice Austen, recibe do seu tío un aparello fotográfico e axudada por outro dos seus, un profesor de química, aprende desde moza a teoría necesaria para realizar as fotografías. A invención fascinoulle inmediatamente coa cal dedicou 40 anos da súa vida a unha produción constante con máis de 8.000 imaxes.

Austen non era soamente fotógrafa, por encima de todo foi unha muller independente con varias facetas. Paisaxista, atleta e tenista recoñecida, un punto importante na súa traxectoria, que revela os seus posicionamentos na sociedade en que vivía, foi o grupo de imaxes que realizou para Maria Ward no seu libro Bicycling for Ladies. A bicicleta quedou como un factor crave e amplamente recoñecida por despexar o camiño cara ao sufraxio feminino nos Estados Unidos.

A exposición formou parte da última edición de Photoespaña e presentouse en Madrid no Museo Nacional do Romanticismo. Chega agora ao Pazo de Castrelos na única itinerancia a nivel español que se fai da mostra.

A mostra permanecerá aberta ao público até o 31 de marzo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.