spot_img
InicioBaixo MiñoAs fotografías dos bosques españois, entre eles o Aloia, forman parte da...

As fotografías dos bosques españois, entre eles o Aloia, forman parte da mostra “Berces da Vida. De paseo polos bosques de España”

as-fotografias-dos-bosques-espanois-entre-eles-o-aloia-forman-parte-da-mostra-berces-da-vida-de-paseo-polos-bosques-de-espanaUnha fotografía tomada no Parque Natural do Monte Aloia de Tui é unha das 26 imaxes que conforman a mostra “Berces da Vida. De paseo polos bosques de España” que foi inaugurada onte na Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez. A exposición chega a  Tui da man de Afundación, coa colaboración do Concello de Tui e ABANCA

Revista Cousas De Nº19

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela, e a directora da Oficina de Tui de ABANCA, Mª Teba García.

Comisariada polo premiado biólogo e divulgador Joaquín Araujo a mostra, realizada en colaboración con Lunwerg, reúne 26 fotografías, de distintos autores, nas que se plasma a biodiversidade das fragas e bosques de España, entre eles do Parque Natural de Sierra Espuña en Murcia, da Selva de Irati en Navarra, do Faial de Montejo de la Sierra en Madrid ou da Ribeira Sacra en Ourense. A exposición pretende servir de chamada de atención sobre a necesidade de conservar este espazos, imprescindibles para a vida no noso planeta.

Esta mostra está incluída en “Corrente cultural”, un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación. Tamén forma parte do proxecto “Cultura por alimentos”, que convida aos visitantes a entregar produtos non perecedoiros a modo de entrada solidaria para a Federación Española de Bancos de alimentos (FESBAL).

A exposición pode visitarse na Sala Municipal até o 4 de xaneiro de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h.

- Publicidade -spot_img