spot_img
InicioVal MiñorGondomarInauguración da mostra fotográfica “I T I N E R A N...

Inauguración da mostra fotográfica “I T I N E R A N C I A (S)”, de Santi Vega no IEM.

Inauguración da mostra fotográfica “I T I N E R A N C I A (S)”, de Santi Vega no IEM.Continuando co calendario exposicións de arte  na Aula de Cultura Ponte de Rosas, o vindeiro venres día 28, arranca a mostra fotográfica “ITINERÁNCIA(S)”, unha selección de traballos de fotografía de gran e pequeno formato da colección autoría de Santi Veiga.

A colección de Santi Vega vén de ser seleccionada pola Fundación AENA para o seu catálogo de fotografía 2014, no marco do Premio Nacional que outorga a institución. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, dende o 2012 a súa obra forma parte da galería About Art de Pontevedra. Para os miñoranos e miñoranas, a figura de Santi é moi próxima pois exerceu ata hai pouco o sacerdocio ao fronte das igrexas parroquiais de Camos, Priegue e Parada, onde acolleu xeiras e eventos organizados polo IEM no eido da difusión do patrimonio cultural. Ademais, é un activo colaborador e participante das actividades da nosa asociación. Na actualidade exerce como crego da igrexa O Rocio de Coia.

O acto inaugural contará coa presentación do seu traballo e traxectoria a cargo doutro membro da casa, o artista plástico Fernando Casás, así como dos coordinadores da Aula, os compañeiros Antonio Soliño Troncoso e Fino Lorenzo. Rematado o coloquio, compartiremos  co artista un xeitoso viño das Bodegas Terras Gaudas, e unhas gorentosas roscas da Panadería Copena de Gondomar, entidades amigas e fornecedoras da sala de exposición.

Será o vindeiro venres 28 de novembro ás 20:30 horas na Avenida da Feira Nº10, baixo Gondomar.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.