spot_img
InicioBaixo MiñoGustavo Rodríguez concéntrase en Mar de Pulpí coa vista posta no Campionato...

Gustavo Rodríguez concéntrase en Mar de Pulpí coa vista posta no Campionato de España de Duatlón de Longa Distancia

O triatleta galego comeza en Almería unha concentración dun mes que o levará ao Campionato de España de Duatlón de Longa Distancia en Orihuela onde defenderá o título conseguido en 2017.
Tras a primeira parte da pretemporada que incluíu unha concentración de 21 días en Sierra Nevada, o triatleta galego Gustavo Rodríguez, volve a unha concentración dun mes coa vista posta no primeiro obxectivo da tempada, o Campionato de España de Dúatlon de Longa Distancia que se disputará en Orihuela o próximo 4 de marzo e no que Gustavo defenderá o título conseguido no 2017. Nesta concentración que se fará no Complexo Mar de Pulpí en Almería e próximo á localidade murciana de Aguias, atoparase con grandes traitletas nacionais como Fernando Alarza, Antonio Serrat, Joselyn Brea e Cristobal Deus.
Xunto a Gustavo tamén viaxará o ciclista galego Jacobo Ucha para acompañalo nos seus adestramentos de bicicleta. Durante estes próximo e esixentes 30 días, Gustavo Rodríguez realizará un duro adestramento que o levará semanalmente a correr 80km, nadar preto do 30km e 450km en bicicleta e así durante 4 semanas, en sesións de mañá e tarde. Lembrar que Gustavo Rodríguez puxo en marcha esta tempada o proxecto máis ambicioso da súa carreira deportiva “Proxecto Kona 2019” un proxecto que debe levarlle a disputar o Campionato do Mundo Ironman de Kona ( Hawai) así como o Mundial ITU de Longa Distancia que en 2019 dispútase en Pontevedra.
Aínda que é un duro camiño e non só a nivel deportivo e contar xa coa axuda dalgunhas marcas internacionais como Spiuk, Gold Nutricion, Rotor Compoñentes ou empresas locais como Centro de Fisoterapia Thermalia. Gustavo Rodríguez, necesita un maior apoio económico para poder afrontar o reto de estar en Kona 2019.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.