Onte presentouse no Centro Cultural da Guarda “Petiscos con arte”, unha ruta gastronómica e artística, que se celebrará esta fin de semana e a seguinte.
No acto que contou coa presenza do alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, amais dos artistas e membros dos locais participantes nesta primeira edición da ruta gastronómica, proxectouse un vídeo promocional da ruta que ten como finalidade a de difundir esta iniciativa, un vídeo promocional, elaborado polo Concello, resume a esencia gastronómica e artística da ruta e convida á xente para “saborear e vivir A Guarda”. Devandito vídeo será colgado na páxina web e nas redes sociais do Concello.
Tamén amosaranse todos os petiscos que a conforman, así como una pequena mostra das obras artísticas que se poderán contemplar nas cafeterías e restaurantes participantes.
Na súa intervención Montserrat Magallanes, fixo fincapé na “satisfacción por poder levar a cabo actividades como está en tempada baixa”, polo que convidou a todos e a todas a difundir “Petiscos con arte”.
Pola súa banda, Antonio Lomba tamén destacou “a calidade e a cantidade dos artistas que participan nesta iniciativa” e de maneira especial subliñou, “que a pesar do esforzo e as dificultados, conseguiuse, polo que felicitou a todos, xa que é un logro de todos”
Gastronomía, arte e cultura
En «Petiscos con arte», participan os seguintes 15 establecementos hostaleiros da Vila, nos que expoñeranse as obras artistas locais e tamén da zona, co obxectivo de,”desestacionalizar o turismo e visibilizar A Guarda”. en palabras do alcalde, Antonio Lomba.
Establecementos participantes
Cafetería Alameda, Cafetería Art Café, Tasca As Pozas, Xamonería Avenida, Bocatería Brétema, Bar Cramoeiro, Cafetería Kanellas, Tapería La Casilla, Restaurante La Pizzicata, Bocatería Marbella, Cafetería Novo Bar, Restaurante O Cangrexal, Vinoteca Terra Verde, Restaurante Xantar e Restaurante Xeito. En todos eles poderemos probar pequenas degustacións da gastronomía local a un custe único de 1,50 € (bebida non incluída), mentres contemplamos as exposicións de obras pictóricas, escultóricas e fotográficas de diversos artistas locais e da contorna.
Entre todos os participantes sortearanse 5 lotes de albariño Gran Novás, adega colaboradora na Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.
A ruta poderá completarse nestas dúas últimas fins de semana de novembro, de venres a domingo, e en horario de 12 a 14 h e de 18 a 21 h.


Entre todos os participantes sortearanse 5 lotes de albariño Gran Novás, adega colaboradora na Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.
