Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda celebra o Día Mundial do Turismo coa apertura da...

A Guarda celebra o Día Mundial do Turismo coa apertura da súa Rede de Museos este mércores

a-guarda-reclama-a-2a-fase-da-posta-en-valor-do-castelo-de-santa-cruz
Interior Castelo de Santa Cruz

Este mércores, 27 de setembro, celébrase o Día Mundial do Turismo coa temática establecida pola Organización Mundial do Turismo (OMT) “Turismo sustentable: un instrumento de desenvolvemento”, cuxa finalidade pasa por concie

nciar e potenciar o respecto polo rico patrimonio dos diferentes pobos que conforman o mundo.

O Concello da Guarda únese á iniciativa e amosará o seu patrimonio coa apertura dos tres recintos visitables que conforman a Rede de Museos da nosa vila:

– O Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega (MASAT): permanecerá aberto de 10:00 a 20:00 horas.

– O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz: poderá visitarse entre as  11.00 e as 14.00 horas.

– O Museo do Mar: estará aberto de 11:00 a 14:00 horas.

Ademais, o transbordador que une A Guarda e Caminha será gratuíto durante toda a xornada.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies