O vindeiro 15 de xuño, ás 20,30h, no Centro Cultural da Guarda, os grupos Xamaraina Moderno, Tremelique, Marcando Pasos, Do Lusco O Fusco, Coiro Vello, Os Merliños e Do- Majó súmanse a unha iniciativa da Cruz Vermella, destinada a recadar fondos para a súa sede no Baixo Miño.
Para poder asistir a este concerto será necesario a compra dun Boleto do Sorteo de Oro de Cruz Vermella (5€), que dará pase a duas persoas. Nenas e nenos entrarán gratis.
Dende Cruz Vermella queren que saibamos que cun Boleto podrán darlle a merenda a un neno ou nena en perigo de exclusión, durante unha semana.
“Con dous Boletos podremos entregar un lote de axuda para atender as necesidades hixiénicas básicas dunha familia en situación de vulnerabilidade. Con catro boletos podremos mercar 1 kit de material escolar a nenos e nenas de familias afectadas pola crise.”
O sorteo terá lugar en Castellón, ante notario, o 19 de xulio de 2018. Todos os premios teñen o seu contravalor en oro.
Un primeiro premio de 3 millóes de euros
Un segundo premio de 1,5 millós de euros
Un tercer premio de 750.000 €
129 Premios de 2.500 €
129 Premios de 1.500€
129 Premios de 600 €
1170 Premios de 300 €
1170 Premios de 200 €
1170 Premios de 100 €



