spot_img
InicioGaliciaGreenpeace fai desaparecer das Cíes a praia de Rodas

Greenpeace fai desaparecer das Cíes a praia de Rodas

Greenpeace fai desaparecer das Cíes a praia de RodasA imaxe retocada amosa a transformación que sufrirá a costa galega segundo as predicións do Comité Intergobernamental sobre o Cambio Climático (IPPC) se non actuamos fronte ao cambio climático

Activistas de Greenpeace acudiron hoxe á Praia de Rodas das Illas Cíes para pór en evidencia a situación que se agarda nas costas galegas se non se actúa contundentemente perante a emerxencia climática.

Un voluntario da organización ecoloxista sostivo unha fotografía modificada na que se pode ver a devastadora subida do nivel do mar que se acadaría no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia se non seguimos as recomendacións da comunidade científica para enfrontar o cambio climático.

Greenpeace fai desaparecer das Cíes a praia de Rodas

A praia une actualmente dúas das illas Cíes, a de Monteagudo e Faro, pero a posíbel subida do nivel do mar provocaría a súa separación. Detrás da imaxe simulada, a marabillosa realidade actual dunha praia paradisíaca que aínda pode salvarse. E no cartel, unha mensaxe crave: Emerxencia climática: Vota con sentidiño.

Esta foto foi elaborada tendo en conta as proxeccións de subida do nivel do mar a escala global do IPCC e debe entenderse como unha ferramenta que axuda a identificar os lugares que se verán afectados

O aumento do nivel do mar para 2100 podería ser de case un metro se o quecemento global supera os 3°C, que é o que acontecerá cos miúdos compromisos adquiridos actualmente polos estados, segundo o informe de océanos do Comité Intergobernamental sobre o Cambio Climático (IPCC) do pasado setembro. O documento recolle datos alarmantes tamén en canto ao aumento da acidez do mar, a liberación de gases de efecto invernadoiro que causa o desxeo do permafrost e o medre das ondas de calor mariñas.

Preto de 50 voluntarios recollerán información sobre os usos do medio mariño e as aves mergulladoras das Illas Atlánticas
Vista da praia de Rodas dende o miradoiro
- Publicidade -spot_img