Inicio Baixo Miño A Guarda Gozar da mellor gastronomía da Guarda ten premio na VI ruta gastronómica...

Gozar da mellor gastronomía da Guarda ten premio na VI ruta gastronómica ‘Tapearte’

gozar-da-mellor-gastronomia-da-guarda-ten-premio-na-vi-ruta-gastronomica-tapearteOs bares e restaurantes participantes na sexta edición da ruta gastronómica ‘Tapearte’,  amosaron hoxe as súas creacións, na presentación que se fixo na Casa dos Alonso da Guarda e que poderá degustarse todos os fins de semana dende o 18 de maio ata o 3 de xuño.

Ao acto de presentación acudiron o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes; e representantes dos 19 establecementos hostaleiros participantes: Alameda, Art Café, Bitadorna, Boc & Pix, Camping Santa Tecla, Celtic, El Paseo, Enxebre, Kanella’s, La Botica, La Casilla, La Pizzicata, Marbella, Novo Funil, O Cangrexal, Pool Chaos, Xantar, Xeito e Y la luna?.

gozar-da-mellor-gastronomia-da-guarda-ten-premio-na-vi-ruta-gastronomica-tapearteOs hostaleiros e hostaleiras guardesas aproveitaron o encontro para amosar cadansúa tapa, que ofertarán a un prezo unitario de 2€ (bebida non incluída) durante tres fins de semanas consecutivas. Os e as comensais poderán degustar dende un volován recheo de marisco ata un salteado de arroz e verduras ou unha hamburguesa «patagónica» de peixe espada. Unha variedade de tapas «do máximo nivel», capaz de conformar aos padais máis exquisitos.

O rexedor local lembrou durante o encontro que a ruta nace co obxectivo de potenciar a «excelente gastronomía local» e promocionar as populares alfombras florais que se realizarán no casco antigo da vila durante a noite do 2 de xuño. Segundo engadiu Lomba, esta nova edición da ruta contará cun horario ampliado par a degustación dos pratos, que será de 12:00 a 14: 00 h e de 19:00 a 22:00 h, atendendo ás peticións dos hostaleiros.

Agasallos para os «ruteiros»

Os «ruteiros» e as «ruteiras» contarán cun pasaporte no que, ademais de atopar a información detallada sobre cada unha das tapas, poderán selar aquelas que xa teñan degustado e participar no sorteo dun smartphone Samsung Galaxy 7J. Para isto, será preciso depositar os pasaportes cun mínimo de 6 selos nas urnas que estarán dispoñibles en cada un dos establecementos participantes e na Oficina de Turismo do Concello da Guarda. Ademais, aquelas persoas que reúnan un mínimo de 10 selos, recibirán como agasallo directo un lote de viño Pazo de Seoane da Adega Lagar de Fornelos (O Rosal).gozar-da-mellor-gastronomia-da-guarda-ten-premio-na-vi-ruta-gastronomica-tapearte

Os participantes na ruta como comensais poderán, ademais, valorar a calidade das tapas consumidas. Froito desta valoración, a organización anunciará aos gañadores do Concurso da Mellor Tapa «Tapearte» 2018, con premios en dúas categorías: a tapa mellor valorada e a preparación máis consumida.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
272SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies