Inicio Val Miñor Gondomar Gondomar súmase ao Día Mundial do Autismo iluminándose de azul

Gondomar súmase ao Día Mundial do Autismo iluminándose de azul

Gondomar súmase ao Día Mundial do Autismo iluminándose de azulGondomar sumarase este serán á iniciativa mundial Light It Up Blue (#LIUB) que promove a iluminación en azul de edificios e monumentos emblemáticos das localidades como mostra de solidariedade coas persoas con Transtorno de Espectro Autista ( TEA) e as súas familias, coincidindo coa celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Por esta razón a casa do concello lucirá esta noite de azul, cor co que se identifica o autismo, e anima aos habitantes de Gondomar a sumarse a esta iniciativa acendendo, ás 21.00 horas, os móbiles, lanternas ou calquera fonte de luz nas xanelas e balcóns das súas casas, tal e como propoñen diferentes asociacións de Autismo ao coincidir a celebración deste ano co confinamento como consecuencia da pandemia do COVID-19.

Gondomar súmase un 02 de abril máis á celebración deste Día Mundial de concienciación do Autismo, xornada instaurada pola Asemblea das Nacións Unidas no 2007 co fin de subliñar a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con transtorno de espectro autista.

Este ano celébrase baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar”

Nesta ocasión celébrase baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar” destacando a importancia da educación e o emprego como ferramentas fundamentais e necesarias para lograr e garantir a inclusión real destas persoas na sociedade da que forman parte.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies