spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar repartirá 6000 euros en premios no Desfile de Comparsas do Entroido...

Gondomar repartirá 6000 euros en premios no Desfile de Comparsas do Entroido 2020

gondomar-prepara-o-concurso-de-comparsas-de-entroido-que-desfilaran-o-26-de-febreiroO goberno local, a través da súa concellería de Cultura, contempla un total de 6000 euros para premiar ás comparsas que se decidan a participar este ano no Desfile Concurso do Entroido do municipio, que se celebrará o vindeiro domingo día 23 de febreiro a partir das 16.30 horas cun percorrido a través das principais rúas do centro urbano gondomareño

Todas as agrupacións interesadas deberán presentar a súa solicitude antes do 09 de febreiro, último día de inscrición, han de estar compostas por un mínimo de 20 persoas e cumprir os requisitos recolleitos nas bases reguladoras, xa publicadas. No caso de que o número supere o límite de participación (15) a concellería resérvase o “dereito de selección final das comparsas que concursarán, sendo as restantes convidadas sen dereito a remuneración ou premio”.

A comparsa gañadora recibirá 900 euros, a segunda 700 euros e, o terceiro clasificado recibirá 500 euros, premiándose ademais con 300 euros a mellor carroza do desfile. Tamén están contempladas 6 axudas de 350 euros para as seguintes clasificadas (de 4ª a 9ª posición) e de 250 euros para as clasificadas entre o décimo e o décimoquinto posto.

O vestiario e maquillaxes elixidos, así como a escenografía e deseño de carrozas serán algúns dos elementos que o xurado – presidido polo alcalde, Paco Ferreira, e composto para a ocasión por representantes do mundo social, artístico e cultural- terá en conta á hora de puntuar as agrupacións participantes, valorándose tamén criterios como que a música sexa en directo ou con acompañamento de instrumentos musicais ou rítmicos.

Igualmente o xurado se reserva a posibilidade de anular a axuda ás comparsas que non cumpran cos requisitos esixidos ou a aquelas que “interfiran co desfile doutras, inciten á xenofobia, á violencia, malos tratos animais ou temáticas que inciten á violencia de xénero”.

Dende o Concello informan que están a uli¡timar os detalles da programación do Entroido 2020 que arrincará, como é tradicional, co desfile dos colexios do municipio, nesta ocasión previsto para o venres 21 de febreiro, e prolongarase ata o mércores 26, no que se celebrará o enterro da sardiña coas comparsas que participaron no desfile.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.