Inicio Baixo Miño A nova avenida de Tomiño aberta ao tránsito estas semanas permite desviar...

A nova avenida de Tomiño aberta ao tránsito estas semanas permite desviar os vehículos pesados arredor do centro urbano

A nova avenida de Tomiño aberta ao tránsito estas semanas permite desviar os vehículos pesados arredor do centro urbanoO novo trazado permite tamén enlazar centros sitos na estrada provincial, coma o CEP Pedro Caselles, cos novos equipamentos como o Centro de Saúde, a Residencia Asistida, e o IES de Tomiño, situados nas proximidades da Avda. República Arxentina

O centro urbano de Tomiño nótase estas semanas moito menos conxestionado. A apertura da nova avenida que conecta as estradas EP3102 e PO-344, mediante unha variante poboacional, mellora a mobilidade e integración urbanística deste conxunto urbano, permitindo unha mellor permeabilidade e accesibilidade do sistema viario.

A nova estrada enlaza polo sur a EP-3102 e polo Norte a PO-344 (Rúa Gondomar), proporcionando unha saída natural á Avenida República Arxentina (que pasará a chamarse Avenida do Baixo Miño), e da rúa da Pedra cara o leste do núcleo, así como engarzando coa futura VAC sen necesidade de atravesar o núcleo urbano.

O novo trazado permite tamén enlazar os centros equipamentais sitos na estrada provincial (CEP Pedro Caselles), cos novos equipamentos como o Centro de Saúde, a Residencia Asistida, e mesmo o IES de Tomiño, situados nas proximidades da Avda. República Arxentina.

A nova avenida esténdese nun trazado de 1.318 metros, cun ancho de 16 metros (10 metros adicados a unha calzada de dobre sentido de circulación, e 6 metros de senda para peóns e bicicletas). O trazado foi deseñado para unha velocidade de 60 km/hora; aínda que de forma puntual establécense parámetros lixeiramente superiores ou inferiores para adaptarse as condicións da contorna.

Amais o proxecto complétase mediante o deseño das interseccións necesarias co viario existente; a tal obxecto inclúense cinco glorietas sobre o viario existente, e unha conexión urbana de 150 metros (prolongación rúa Tui), para conectar o novo trazado co centro urbano.

Cabe reseñar que o deseño da nova avenida tivo en conta o proxecto da VAC Tui-A Guarda, que contempla un enlace en O Seixo, de forma que o vial resulta totalmente compatible coas previsións da rede autonómica de estradas.

Nos próximos días, comezarán as obras de peonalización de dúas rúas no Seixo que veñen a completar o proceso de humanización do casco urbano.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies