Inicio Pontevedra Gondomar recibirá do Plan Concellos da Deputación preto dun millón de euros

Gondomar recibirá do Plan Concellos da Deputación preto dun millón de euros

Deputación-Pontevedra-financia-publicación-libro-Gondomar-Versus-Raleigh

O Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para 2017 achega unha media dun 3% máis de cartos aos concellos da provincia, sendo Gondomar, cunha subida de 65.000 euros, un dos máis beneficiados

 A Deputación de Pontevedra achegará ó concello de Gondomar durante o 2017, no marco do Plan Concellos, 940.746,04€, 64.813,72 € máis que no 2016 o que supón un crecemento do 7,40% con respecto ó ano pasado, catro puntos máis que a media provincial. No 2016, Gondomar  xa tivo un 24% de incremento respecto a 2015 (o que se traduciu en 169.275,79 € máis). Á marxe do Plan Concellos, Gondomar recibirá este ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o concello poderá concorrer.

Investimentos 2016

Ó longo do 2016 a Deputación de Pontevedra investiu en Gondomar 1.318.843,36 €. En liñas xerais, desta contía, 875.932,32 € correspondéronse co Plan Concellos. Amais, a institución provincial investiu101.657,72 en mobilidade, 99.819,19€ en cohesión social e xuventude, 78.983,04 € en emprego, 52.944,61 € en cultura e lingua, 40.153 € en deportes, 3.557,40 € en igualdade e 3.000 € en medio ambiente.

En concreto, Gondomar investiu 624.675,30€ da liña 1 do Plan Concellos para obras de conservación e mantemento do material de cubrición do polideportivo municipal e do entorno do pavillón municipal; para a urbanización do espazo exterior do edificio administrativo do CDL e obras de instalacións complementarias; para o acondicionamento do parque da Coelleira; para o axardinamento de tres rotondas; para a pavimentación dos camiños públicos nº239 de Hervillas e 245 de Rocha así como para a mellora de pavimentación, drenaxe e seguridade viaria no camiño de Carrasquedo de Abaixo. A través da liña 2, amortizacións, Gondomar destinou 25.310,38 € para o subministro de asfalto en frío necesario en varias actuacións de reparación de firmes; da liña 3, actividades, o concello investiu 28.971,46 € para a aula de teatro PritisGuomins, para o Gondoverán, para cursos e actividades destinadas a persoas maiores de 55 anos do concello, para a IV carreira a prol da corresponsabilidade así como para o Cinema na Rúa; e finalmente Gondomar dirixiu 196.974,58 € da liña 4, emprego, para a contratación de 19 persoas para a realización de tarefas no concello.

No caso do fomento da cultura e lingua, o concello recibiu 52.944,61 € da Deputación de Pontevedra a través dos cales se organizaron 78 actuacións do Pontegal así como para a dinamización lingüística, para a sinalización e rehabilitación do patrimonio histórico e memoria histórica e para tres actividades enmarcadas no “Ano Castelao”.

Tamén se destinaron 73.559,13 € para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociais comunitarios municipais, da teleasistencia domiciliaria (da que se beneficiaron 11 persoas) e das axudas básicas de emerxencia,ben mediante os programas“En Ruta coa  Depo” (no que participaron tres asociacións), “Tecendo lazos”, “Depo en marcha” (2 cursos formativos) ou“Depo Aventura A Lanzada”, no que participaron 30 nenas e nenos do concello.

Do mesmo xeito, Gondomar recibiu 40.153 € para 16 clubs de deporte federado de base, para a participación en ligas e competicións oficiais, para que tres equipos participasen na Copa de fútbol Deputación de Pontevedra, para o desenvolvemento de cinco actividades deportivas e para as escolas deportivas provinciais (dúas de balonmán, tres de fútbol, dúas de patinaxe, unha de judo e outra de baloncesto en Gondomar). Tamén78.983,04 € destinados ó fomento do emprego a través do Plan de Práctica Laboral, que está a permitir que cinco persoas poidan desenvolver a súa primeira experiencia laboral no concello de Gondomar e outras tres en empresas da localidade, así como3.557,40 € para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a través do programa “Conectadas”, que organizou no concello catro cursos de formación.

Amais, a institución provincial achegou 101.657,72€ en materia de mobilidade para o Plan Móvese e para obras de sinalización horizontal nas vías provinciais de Gondomar, así como 3.000 € para o mantemento do campo de fútbol de Gaiandas.

Poden consultar todos estes datos no dossier de investimentos adxunto.

DOSSIER 2016 GONDOMAR INVESTIMENTOS

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies