Inicio Val Miñor Gondomar Gondomar recibe 112.000 € do Plan Concellos para urbanización do espazo exterior...

Gondomar recibe 112.000 € do Plan Concellos para urbanización do espazo exterior do CDL

Pistas tenis Gondomar

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha achega de 112.832,50 € ao concello de Gondomar para a urbanización do espazo exterior do edificio administrativo do CDL e a realización de obras de instalacións complementarias, en fase 1. Esta actuación vén enmarcada dentro da liña 1 –investimentos– do Plan Concellos 2016.

Esta achega súmase ás xa aprobadas pola institución provincial ao abeiro do Plan Concellos con anterioridade, é dicir, 241.871,03 € para a realización de obras de conservación e mantemento do material de cubrición do polideportivo municipal e tamén destinados melloras en pavimentación, drenaxe e seguridade viaria do camiño de Carrasquedo de Abaixo, na parroquia de Vilaza.

Despois, 28.971,46 € na liña 3 para o CMUS elemental da vila, a aula de teatro Pritis Guomins, a celebración da IV Carreira a prol da Corresponsabilidade, as actividades “Gondoverán” e “Cinema da Rúa” e a realización de cursos e actividades destinadas a persoas maiores de 55 anos e, por último, 196.975,14 € destinados á contratación de 19 traballadoras e traballadores, isto último na liña 4 que o programa dedica ao emprego.

Ata agora o investimento do Goberno provincial no concello de Gondomar ao abeiro do Plan Concellos sitúase en 580.649,57 €, o que representa un 66,3% do total.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies