
Hoxe presentouse a XVII Carreira Popular Manuel Barros, que se celebrará o sábado día 13 de Maio ás 18,00h.
Estiveron presentes o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira; a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro; o representante da familia e da empresa Grupo Miñor, Ricardo Barros; Oscar Fernández, director técnico da Federación Galega de Atletismo e José Angel González, presidente da Sociedad Atlética Val Miñor.
Oscar Fernández, destacou a boa participación, pero en esta ocasión quiso recordar a os que non van poder participar. Pola súa banda, Ricardo Barros, subliñou que a carreira forma parte de todos e que a seguirán apoiando. Finalmente o alcalde agradeceu o esforzo de todos por levar a diante a proba.
A Sociedad Atlética Val Miñor, en colaboración co Concello de Gondomar a través da Concellería de Deportes e a familia Barros, organiza a xa tradicional proba de atletismo en ruta Memorial Manuel Barros, que este ano celebra a súa XVII edición.
No evento participaran corredores e corredoras de todas as idades que competirán en diferentes categorías: juniors, xuvenís e cadete (2.600 m.), infantil (1.600 m.), alevín (1.000 m.), benxamín (600 m.), prebenxamín (300 m.) e pitufo (100 m). Ademais tamén haberá una carreira absoluta de 10 km.
Despois das carreiras terá lugar unha exhibición de zumba ás 20.00 h. e a entrega de premios ás 21.00 h, na que se outorgaran trofeos, medallas conmemorativas e premios en metálico.
A prueba tendrá lugar o sábado 13 de maio e as inscricións poden realizarse, atá o 11 de maio ( ampliación da data un día máis), a través de : www.carreirasgalegas.com



