Inicio Pontevedra Gondomar pon en marcha as actividades programadas con motivo do Día Internacional...

Gondomar pon en marcha as actividades programadas con motivo do Día Internacional da Muller

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Gondomar pon en marcha, a través da Concellería de Igualdade, un conxunto de actividades que se iniciarán o venres, día 4 de marzo coa celebración da IV Carreira a prol dá corresponsabilidade  en colaboración coa Deputación de Pontevedra e cos dous institutos de educación secundaria do municipio: IES Auga da Laxe e Terra de Turonio.

Un total de 123 alumnos de Terceiro de ESO participarán nunha nova edición desta proba, coa que o departamento de Igualdade do Concello de Gondomar pretende sensibilizar e concienciar aos mozos sobre a importancia da repartición das tarefas domésticas.

A proba partirá ás doce do mediodía desde o pavillón cun percorrido por distintas rúas do centro urbano. Os participantes estarán divididos en parellas na súa maioría mozo e moza- cada parella deberá avanzar unida de pés e mans – para iso colocaráselles unha goma que enlazará os seus pés e mans- competirán unidos. Como o ano pasado, cando cheguen á praza do Concello recibirán a proba de carácter lóxico-deductivo que deberán resolver antes de cruzar a meta, que estará situada no pavillón municipal. As tres parellas que o logren pasarán á final e participarán no Concurso a favor da corresponsabilidade.

Nesta fase do concurso os concursantes deberán realizar tarefas domésticas, actividades de bricolaxe ou de cociña. Nesta proba avalíase a calidade    do  labor  realizado e a compenetración e respecto dos/as membros da parella.

Nocións de mecánica básica para tod@s

Así mesmo, e dentro das actividades programadas pola Concellería de Igualdade para favorecer a igualdade de oportunidades e a corresponsabilidade de tarefas, o vindeiro martes, día 8 de marzo, está prevista clausúraa do Curso de Mecánica básica do automóbil, no que participaron 11 mulleres e 4 homes.

Este curso, que tivo unha excelente acollida por parte da cidadanía naceu coa intención de que  as mulleres adquiran as competencias básicas para o mantemento do seu vehículo sen a necesidade dunha intervención masculina. A mecánica de automoción é tradicionalmente unha profesión tipificada como masculina. Trátase de romper ese estereotipo e que tanto a muller como o home estean perfectamente preparados e capacitados para saber hai que facer se se pica unha roda ou o coche queda sen batería, por exemplo. “O curso organizouse coa idea de que ante este tipo de situacións cotiás, por exemplo unha picada, elas sexan capaces de cambiar o pneumático por si mesmas sen necesidade de ter que botar man do móbil para solicitar auxilio ao marido, irmán ou fillo”, explicou a concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro.

Neste sentido, a edil socialista argumentou que hoxe en día case todas as mulleres conducen habitualmente e utilizan o coche habitualmente como ferramenta de traballo. Mesmo,  en moitos fogares do noso municipio, durante a semana é a muller a que manexa máis o coche en casa facer recados, para ir á compra, para levar e traer aos nenos ao cole, a actividades, etc. “Por iso, é importante que aprendan a coñecer como funciona o coche e que aprendan a desenvolverse con naturalidade e sen nervios en caso dalgún incidente deste tipo”, sinalou

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies