Inicio Val Miñor Gondomar Gondomar lembra ás vítimas da violencia de xénero e apela á unión...

Gondomar lembra ás vítimas da violencia de xénero e apela á unión para erradicala da sociedade

Gondomar lembra ás vítimas da violencia de xénero e apela á unión para erradicala da sociedadeA corporación municipal de Gondomar sumouse este 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, á convocatoria secundada polos municipios de toda España en memoria das mulleres asasinadas a mans das súas parellas e exparellas. No que levamos de ano, un total de 41 ás que se suma a morte de tres menores, e por elas gardouse un minuto de silencio que se pechou cunha pequena performance da agrupación de danza local, Ldanzia co tema “Sola”.

Un acto ao que Gondomar “seguirase sumando mentres siga existindo violencia contra as mulleres polo simple feito de selo”, manifestou o rexedor, Paco Ferreira, que subliñou que a xornada debe “servirnos como denuncia contra os estereotipos que permanecen instaurados no noso día a día e que manteñen viva a violencia contra as mulleres”.

Lembraron no manifesto que o 25N “non é unha xornada para conmemorar, e si para lembrar ás mulleres asasinadas, e sinalar o camiño que queda por percorrer ata alcanzar unha igualdade real entre homes e mulleres, acabando coas distincións de xénero que son o xerme da toda violencia machista”.

Destacaron o papel que toda a sociedade debe desempeñar nesta loita pero fíxose especial fincapé nas administracións locais, ao estar en primeira fila á hora de denunciar e visibilizar a violencia de xénero. “Os gobernos locais xogamos un papel decisivo apostando pola educación e concienciación da cidadanía, e na aplicación da perspectiva de xénero en todas nosas políticas e accións”, manifestou a concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, quen reiterou o compromiso “do goberno de Gondomar de seguir combatendo con todos os recursos dispoñibles ao nosos alcance a violencia contra as mulleres”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies