Inicio Val Miñor Gondomar Gondomar implanta de forma gratuita a venda online a domicilio para o...

Gondomar implanta de forma gratuita a venda online a domicilio para o comercio local

Gondomar implanta de forma gratuita a venda online a domicilio para o comercio localO Concello de Gondomar financiará ao 100% a cota anual daqueles establecementos que queiran sumarse á venda online a través da plataforma Dbarrio, cubrindo así mesmo os custos do traslado a domicilio ao 100% dentro do Val Miñor e bonificados ao 50% si as compras son efectuadas nos concellos limítrofes co municipio.

O alcalde de Gondomar, sinala que é necesario “facer un esforzo extremo para evitar a destrución de emprego e do comercio local. O noso obxectivo é incentivar os negocios familiares e o sustento de moitas familias que viven dos seus pequenos negocios, moitos mesmo herdados, e considerar ademais das connotacións económicas tenas psicolóxicas e morais que pode xerarlles verse obrigados a pechar despois de toda unha vida dedicados ao mesmo. Algo que non podemos permitir baixo ningún concepto, e os  concellos temos que facer todo o posible por evitalo e por xustiza social”, aseverou o alcalde.

Despois de analizar e comparar moitas plataformas coa axuda de expertos do sector, asociacións e autónomos, entre outros, o concello de Gondomar optou pola plataforma de vendas online  Dbarrio, por ser a mellor posicionada no sector, tratarse dunha empresa local e estar xa implantada en distintos lugares de España. Con esta plataforma cada comercio poderá publicitar ata 100 produtos e poñelos ao dispor dos seus clientes, incluíndo prezos, promocións, etc., e garantindo aos usuarios que “están a comprar na tenda de toda a viva, a de José ou Carmen a da esquina ou barrio, ao non estar aberta a plataforma a franquías ou establecementos de grandes superficies”.

O cliente, ademais de poder elixir e adquirir o produto que máis lle interese tamén terá a posibilidade de escoller como quere que llo entreguen, cando e onde. Un repartidor farallo chegar ao destino indicado, servizo que será totalmente gratuíto para o cliente se o seu domicilio está no Val Miñor, ao estar financiado integramente polo  concello de Gondomar. A bonificación dos custos será dun 50% se o pedido realízase desde algunha localidade limítrofe como Tui ou Vigo, por exemplo.

O concello abonará un ano de subscrición á plataforma Dbarrio aos comercios locais que o soliciten, que dispoñerán tamén de asesoramento técnico municipal para poñer en marcha a ferramenta que ademais de facilitarlle a venda  online permitiralles publicitar na rede @gratuitamente os seus negocios. O obxectivo é lograr que a “incentivación do comercio de Gondomar sexa imparable, facilitando a venda fose do municipio e prestando un servizo que ninguén poderá chegar a dar”, afirma Ferreira.

O rexedor subliña que “a implicación directa do concello é necesaria porque pola contra o pequeno comercio non aguantará o pau desta crise que veu para quedar e que cambiará os hábitos sociais transversalmente. Hai que reinventarse e nese traballo os concellos, pero tamén outras administracións, deben axudar e moito”.

Dentro das negociacións levadas a cabo coa empresa Dbarrio, acordouse que un 0,25% dos beneficios que obteñan na facturación mensual será doado a unha conta do  concello de Gondomar e destinarase á axuda de emerxencia social para familias desfavorecidas do municipio.

A intención do goberno é que o día 1 de maio empece xa a funcionar este servizo no sector da  hostelaría, e ir incorporando paulatinamente todos os negocios do municipio, para que unha vez finalice o estado de alarma poidan arrincar “con toda a forza necesaria para facer fronte a esta profunda crise na que desgraciadamente se verán inmersos en meses futuros.”

Todos os interesados en sumarse á plataforma online deberán contactar coa Concellería de Comercio e Turismo,  tlf.: 986 38 40 20, de luns a venres de 08:00 a 14:30 horas, e-mail emprego@concellodegondomar.gal.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies