spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar documenta máis de 1000 rexistros de toponimia nas parroquias de Chaín...

Gondomar documenta máis de 1000 rexistros de toponimia nas parroquias de Chaín e Vilaza

gondomar-estrea-a-sua-primeira-guia-de-informacion-turistica-en-fiturA Concellería de Turismo do Concello de Gondomar ven de publicar un pormenorizado traballo de recollida da Toponímica das Parroquias de Chaín e Vilaza .

Coa subvención da Deputación de Pontevedra ao traveso do seu Programa de Normalización Lingüística, e realizado baixo a dirección do Instituto de Estudios Miñoráns, o traballo recolle e localiza lugares que eran utilizados polos veciños e que agora caeron no esquecemento, como a localización do que eran as antigas escolas para nenas e nenos (situadas en casas naquela época, hoxe na súa maioría reformadas e convertidas en vivendas); os lugares dos xogos de bolos; antigos pozos, presas e fontes; camiños…

Documéntase tamén os recordos dos veciños, a historia da parroquia. Comentar tamén que os barrios actuais son máis extensos que os antigos, é dicir, cada un dos barrios agora recolle o que antigamente eran varios. Había máis barrios, o que significaba necesariamente máis topónimos.

En Chaín ten recollido un total de 711 e en Vilaza 438

As toponimia, e outras nomenclaturas locais, moi curiosas algunhas,  son unha das variables da riqueza patrimonial que os pobos van acumulando ao longo dos séculos. Con este traballo, tentamos que no desaparezan e que quede pervivan no tempo.

Aproveitando o programa “Coñece Gondomar” que cada ano se fai no verán , aproveitaran para sumar estas novas achegas da toponimia ao contido das visitas.

- Publicidade -spot_img