·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar con Desirée Vila no seu debut nos Xogos Paralímpicos de Tokyo

Gondomar con Desirée Vila no seu debut nos Xogos Paralímpicos de Tokyo

Gondomar con Desirée Vila no seu debut nos Xogos Paralímpicos de TokyoO Concello instalará unha pantalla na Praza Paradela para animar desde a localidade a súa veciña e apoiala no seu obxectivo de lograr un metal.
A Praza da Paradela de Gondomar lucirá as cores dos aros olímpicos mañá e encherase da forza e do espírito que sempre traslada a súa veciña Desiré Vila, a deportista oriúnda deste municipio, que se estrea mañá nos seus primeiros Xogos Paralímpicos.
Gondomar non quere deixar sen apoio a unha das súas deportistas máis recoñecidas e por iso instalará unha pantalla na Praza Paradela para poder seguir en directo a súa primeira proba nos Xogos de Tokyo, o salto de lonxitude T63, que está previsto emítase a partir das 12.00 horas deste xoves 2 de setembro.
 
Ao día seguinte Desirée Vila medirase coas súas rivais na semifinal de 100 metros lisos para facerse un oco na final e optar a unha medalla nesta proba. De facelo, o concello volverá convidar á veciñanza para sumarse a seguila en directo o sábado 4 de setembro a partir das 14.00 horas na pantalla que se instalará de novo para a ocasión.
 
Un apoio institucional a Desirée Vilas que o concello quixo deixar patente tamén coa instalación dunha imaxe gráfica dela, regalada á familia polo artista urbano Gory, e que se instalou na fachada da Casa Consistorial, coincidiendo coa celebración dos Xogos no país nipón
- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade