spot_img
InicioVal MiñorGondomarGondomar celebrou o seu habitual Desfile Infantil de Carnaval

Gondomar celebrou o seu habitual Desfile Infantil de Carnaval

Gondomar-Desfile-Infantil-Carnaval

 

 

 

O concello de Gondomar celebrou onte o seu xa habitual Desfile Infantil, que se levou a cabo na Praza da Alameda durante toda a tarde, os máis pequenos/ás da localidade puideron divertirse e ser os auténticos protagonistas do popular carnaval. O grupo “Volvoretas de Refugallo” foron os encargados de distraer, maquillar e entreter a todos os participantes, acompañados de Baile e música.

Os nenos e nenas alí presentes recibiron de mans do alcalde Fernando Guitián, do Concelleiro de Cultura Ignacio Troncoso e do Concelleiro de Vías e Obras Jesús Salgueiro un pequeno obsequio.

A festa continuará esta noite a partir das 22.00 horas, amenizada polo grupo ‘Aramio’. A partir das 00.00 horas daranse a coñecer as comparsas e carrozas gañadoras, realizándose a entrega de premios, ás tres primeiras comparsas gañadoras, facéndolles entrega dunha cesta con produtos típicos do Carnaval valorada en 150 € cada unha.

Como broche final ao carnaval 2015, en Gondomar celebrarase hoxe 18 de Febreiro o tradicional Enterro da Sardiña. Ás 19.30 horas terá lugar o funeral de Dona Sardiña e ás 20.30 horas comezará a comitiva, a lectura do testamento e o propio enterro de Dona Sardiña, que dará, por finalizado este Carnaval 2015

 

Desfile infantil de Carnaval - Gondomar

Desfile infantil de Carnaval - Gondomar

Desfile infantil de Carnaval - Gondomar

Desfile infantil de Carnaval - Gondomar

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.