Inicio Val Miñor Gondomar Gondomar celebrará o día 7 de abril a súa III Gala do...

Gondomar celebrará o día 7 de abril a súa III Gala do Deporte

gondomar-celebrara-o-dia-1-de-abril-a-sua-ii-gala-do-deporte
Gala do Deporte 2017

A III Gala do Deporte, se celebrará o próximo día 7 de abril, con esta cita Gondomar quere afiánzarse no seu proxecto de fomentar o deporte  e poñelo en valor.

O prazo  para a inscrición de deportistas que desexen participar na III Gala do Deporte xa está aberto. Os interesados deberán entregar a documentación requerida ata o 19 de marzo a través de rexistro do Concello no caso de persoas físicas e a través da Sede Electrónica no caso de persoas xurídicas como asociacións e clubes.  Solicítase entre outras cousas formalizar a inscrición e facer entregar do CV do deportista ademáis da autorización de uso de datos asinada. As  candidaturas  poderanse presentar por parte de calqueira cidadán, clube deportivo, institución ou asociación.

Nesta convocatoria, realizada polo Departamento de Deportes do Concello de Gondomar, valoraranse os méritos realizados durante o ano deportivo 2017.

As categorías as que se opta son oito, mellor deportista masculino, mellor deportista feminina, deportista revelación masculino, deportista revelación feminina, mellor clube ou entidade deportiva, mellor patrocinio e colaboración co deporte, premio a traxectoria deportiva e mellor evento deportivo do ano. Ademáis da categoría de Mención Especial a que poderán optar tanto institucións relacionadas co deporte e deportistas, como persoas ou entidades cunha  labor salientable na defensa dos valores humáns no deporte. A parte do recoñecemento os mellores deportistas en cada modalidade deportiva.

O xurado será o encargado de seleccionar os gañadores de cada categoría, sendo presidido pola Concelleira de Deportes, Nuria Lameiro.  As bases da Gala atópanse dispoñibles na páxina Web do Concello así como a folla de inscrición.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies