spot_img
InicioBaixo MiñoGerard Grenzing, autor do órgano da catedral de Tui, abrirá o Foro...

Gerard Grenzing, autor do órgano da catedral de Tui, abrirá o Foro Resonancias 23 organizado por Música no Claustro

Gerard Grenzing, autor do órgano da catedral de Tui, abrirá o Foro Resonancias 23 organizado por Música no Claustro RESONANCIAS 23 terá lugar o 2 e 3 de agosto, en paralelo aos concertos da XVII edición de Música no Claustro

Revista COUSAS DE Nº18

O festival Música no Claustro celebrará a súa XVII edición entre o 1 e o 7 de agosto, un programa de concertos de música clásica, músicas do mundo, flamenco e jazz que será presentado o 27 de xullo.

En paralelo aos concertos, Música no Claustro convoca RESONANCIAS 23, a terceira edición do foro profesional de instrumentos musicais con sede na Catedral de Tui o mércores 2 e xoves 3 de agosto de 2023.

O emprego de madeiras galegas na artesanía é o denominador común dun foro que se consolida como cita imprescindible na construción de instrumentos musicais en Galicia. A conversa maxistral co mestre organeiro Gardar Grenzing abre dúas intensas xornadas de reflexión e intercambios de experiencias a través de mesas redondas, talleres prácticos, presentacións e visitas profesionais que teñen por obxectivo pór en diálogo o sector artesanal con outras empresas, institucións e perfis profesionais claves na cadea de valor dos instrumentos musicais.

RESONANCIAS 23 é unha iniciativa da Fundación Pública Artesanía de Galicia comisariada por Samuel Diz, co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal, xunto a colaboración do Cabido Catedralicio, da Dirección Xeral de Cultural da Xunta de Galicia e da Concellaría de Cultura e Ensino do Concello de Tui.

RESONANCIAS 23 conta coa participación da Asociación Galega de Artesáns, a Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais (LABRA), a Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo (Lugo Madera), a Comunidade de Montes de Couso (Gondomar), a Federación de Serradoiros e Rematantes de Madeira de Galicia (FEARMAGA), o Museo de Pontevedra e a Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte.

Programa completo do foro e inscricións:

https://www.musicanoclaustro.com/p/resonancias-23.html                                                            

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.