spot_img
InicioVal MiñorNigránSegunda oportunidade para ver este veran a Carlos Núñez no solpor de...

Segunda oportunidade para ver este veran a Carlos Núñez no solpor de Monteferro

Carlos_Núñez_MonteferroAs entradas para o concerto do solpor do 5 de agosto están esgotadas e agora o Concello abre a oportunidade para o 6 de agosto, que se suma á sesión matinal dese mesmo día

Revista COUSAS DE Nº18

O Concello de Nigrán ofrecerá este verán finalmente tres concertos de Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro. O gaiteiro internacional anuncia unha nova oportunidade para gozar da súa música no solpor máis fermoso de Galicia o 6 de Agosto ás 20:00 horas (para o día anterior as entradas están esgotadas). Esta posibilidade súmase á da sesión matinal do 6 de agosto ás 11:00 horas. Para ambas citas as entradas xa están á venda a través de Ataquilla cun prezo de 23 €.  Os concertos, encadrados na xira ‘Lugares Máxicos’, forman parte da programación estival do Concello de Nigrán e contan co apoio da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos.

Tal e como arrancaron no 2020, o obxectivo é enfeitizar aos asistentes grazas a súa especial sinerxia coa natureza. “Xuntamos ao mellor gaiteiro do mundo no que nos consideramos o mellor escenario do mundo, unha unión que resulta máis que fascinante”, reitera o alcalde, Juan González.

“Monteferro é un deses paraísos onde as veces veño a tocar, pero na intimidade, só para min e para a natureza. A diferencia cos de lugares como Bahía, Rio de Janeiro, ou California é que, mentres que alí a xente aplaude como se o sol e a terra ofrecesen un show, nós cecais sentímos ese intre como unha cerimonia. Según os nosos arqueólogos, os antigos habitantes de Monteferro e dos castros da costa de Galicia xa sabían moito de todas estas cousas…. Por iso, neste concerto repetirei o soño de compartir esas experiencias cos meus amigos músicos e co noso querido público. Seremos unha gran familia!”, sinala o propio Carlos Núñez, quen ten tocado dentro desta xira ‘Lugares Máxicos’  en espazos tan singulares de Galicia como o Mosteiro de Oseira, o Dolmen de Dombate ou a Catedral de Mondoñedo.

Co obxectivo de respectar ao máximo á singularidade deste espazo natural e de facelo coa mínima intervención, só se reservarán cadeiras para persoas con problemas xustificados de mobilidade, xa que o obxectivo é gozar da música sentados no propio chan, nun ambiente íntimo e en comunión coa contorna.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.