spot_img
InicioPontevedra e ÁreaGalicia conmocianada polo afundimento do "Villa de Pitanxo"

Galicia conmocianada polo afundimento do “Villa de Pitanxo”

Porto de Vigo pon a proba a súa capacidade de resposta nun simulacro de emerxencia por contaminación mariñaPolo menos 10 dos tripulantes do pesqueiro galego Villa de Pitanxo faleceron durante o naufraxio, 11 continúan desaparecidos e só tres foron achados con vida nun bote de salvamento

Este pesqueiro, con base en Marín e propiedade do armador galego Manuel Nores, afundiuse cara ás 06:00 horas deste martes. Unha hora antes, segundo explicou onte a subdelegada do Goberno en Pontevedra, “perdeuse o contacto coa caixa azul do barco”. Tres das catro balsas salvavidas foron localizadas horas despois, sinalou Maica Larriba, pero dous delas estaban “completamente baleiras” e a terceira portaba só a tres sobreviventes.

A Xunta e a Deputación de Pontevedra decretaron o loito oficial polo afundimento do pesqueiro e concellos da zona colocaron as bandeiras a medio mastro e gardado un minuto de silencio polos mariñeiros que perderon a vida

O conxelador, de 50 metros de eslora con 24 persoas a bordo, era un arrastreiro de profundidade que estaba a pescar fletán na zona e a súa armadora, Nores, é membro da Cooperativa do Berbés.

A bordo levaba 24 tripulantes, dos que 16 eran españois e entre eles oito galegos, tres de Marín outros tres de Cangas, un de Moaña e outro de Bueu. Ademais, viaxaban a bordo do pesqueiro cinco mariñeiros peruanos, catro ganeses, un observador de Canarias e outro mariñeiro de Huelva residente en Galicia.

Os labores na procura dos mariñeiros desaparecidos en Terranova están a complicarse debido ás condicións climatolóxicaas. As fortes nevadas, as baixas temperaturas e a gran ondada están a dificultar as tarefas de rescate que tentan dar cos desaparecidos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.