spot_img
InicioVal MiñorBaionaFomentar as actividades na natureza, obxectivo da Semana Verde de Baiona

Fomentar as actividades na natureza, obxectivo da Semana Verde de Baiona

fomentar-as-actividades-na-natureza-obxectivo-da-semana-verde-de-baiona

Os próximos días 29,30 de xuño e 1 de Xullo, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, en colaboración con AMPAS centros públicos escolares de Baiona, Protección Civil Val Miñor e a Concellería de Medio Ambiente organizan un novo programa da ‘semana verde’ acampada escolar que este ano 2016 establécese nas instalacións do Cámping Baiona Praia.

A acampada, nace coa intención de desenvolver e fomentar as actividades na natureza, tanto desde a práctica deportiva como desde a formación integral e educativa dos escolares.

A acampada consta de actividades de lecer, xogos e outras de índole formativo onde o coñecemento da fauna, flora e historia da nosa contorna conforman o programa previsto. As actividades están dirixidas e organizadas polo persoal de Recreativa baixo as directrices e supervisión do persoal técnico da concellería de deportes.

fomentar-as-actividades-na-natureza-obxectivo-da-semana-verde-de-baionaNesta nova edición do 2016 ofértanse un total de 50 prazas, abrindo o prazo de inscrición a partir do 1 de Xuño para os escolares de Baiona e deixando a posibilidade de participar alumnado de concellos limítrofes se quedan prazas vacantes a partir do día 15 de xuño.

Con esta iniciativa a Concellería de Deportes do Concello de Baiona continúa coa súa programación prevista para as actividades de Montaña.

Para maior información dirixirse ao Pavillón de deportes Municipal ou chamar ao Tlf: 986 356558 ou se dispón de e-mail: deportes@baiona.org

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.