Inicio O Morrazo Bueu FICBUEU 2020 incrementará os pases das principais seccións para compensar a redución...

FICBUEU 2020 incrementará os pases das principais seccións para compensar a redución de aforo

FICBUEU 2020 incrementará os pases das principais seccións para compensar a redución de aforoO Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se celebra do 11 ao 19 de setembro, desdobrará nesta 13ª edición as súas principais sesións para seguir dándolle cabida a un público dunhas 500 persoas por día e cumprir ao tempo con todas as medidas de seguridade derivadas da Covid-19.

Así o anunciou o director do FICBUEU, Manuel Pena, na rolda de prensa celebrada onte, na que tamén participaron o concelleiro de Cultura, Xosé Leal, e Nerea Lores, do equipo de produción do certame.

Pese ás adaptacións, Manuel Pena incidiu en que “as actividades do FICBUEU se van desenvolver de xeito íntegramente presencial, pois resulta clave retornar ás salas no contexto da nova normalidade”. O epicentro da programación será o Centro Social do Mar, de titularidade municipal, ao 50% do aforo, o que suma unhas 120 butacas, coa correspondente ventilación e desinfección entre cada pase. “O Concello de Bueu reforzará o apoio loxístico, pero tamén apelamos á responsabilidade das e dos asistentes”, apuntou Xosé Leal, quen quixo ademais “agradecer a valentía da organización por manter un evento deste tipo”.

A imaxe do 13º Festival Internacional de Curtametraxes cédelle o protagonismo ao ecléctico público do certame

FICBUEU 2020 incrementará os pases das principais seccións para compensar a redución de aforo

O FICBUEU 2020 “conservará a estrutura de anos anteriores, aínda que se van reducir as actividades complementarias, como concertos, radio en directo e algunhas das seccións paralelas, incluídas aquelas ás que asistía alumnado do Morrazo”, explicou Nerea Lores. Deste xeito, o festival abrirase o venres 11 de setembro cun acto inaugural no que se estrearán as curtametraxes da Área Social. Na fin de semana haberá proxeccións matinais das seccións Infantil e Familiar, a primeira pensada para menores de 12 anos e a segunda a partir desa idade, amais de mesas redondas coa Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) e coa Asociación Galega de Guionistas (AGAG), que tamén impartirá un obradoiro.

Xa pola tarde, o sábado 12 e o domingo 13 concentraranse as tres seccións competitivas: Galicia e España, que se repetirán os dous días previsiblemente con algún coloquio, e mais Experimental, cunha escolma de títulos diferente en cada xornada. As 22 curtas da Sección Internacional, a máis destacada do certame, proxectaranse como viña sendo habitual de luns a venres, pero no canto de dúas sesións diarias agora serán catro. O sábado 19 celebrarase pola mañá a Gala Escolas Galegas, na que se proxectarán os traballos gañadores dos distintos niveis educativos. As curtas da nova Sección Escolas Internacionais poderán verse os días 17 e 18, en Bueu pero tamén por vez primeira na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra.

A derradeira xornada do 13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu acollerá aínda unha actividade de cinema e música con Buster Keaton, dirixida a público familiar, e mais a demanda Sección Comedia. Esa tarde terá lugar asemade o encontro coa actriz Melania Cruz, que recibirá o Premio Cinema Galego 2020, e para rematar a Gala de Clausura, que será retransmitida en streaming. En total, ao longo de nove días proxectaranse unhas 80 curtas.

Os responsables do FICBUEU presentaron tamén esta mañá a nova imaxe do festival, que “nesta situación tan especial na que volveremos reencontrarnos coas espectadoras e espectadores, fainos partícipes cedéndolles o protagonismo”, explicou Manuel Pena. Neste senso, o cartel resalta a sílaba “eu” do nome do festival, que se escribe sobre un mosaico formado por retratos de asistentes habituais, que “configuran un público moi diverso, en idade, profesións, etc.” e que “son a esencia e a razón de ser do FICBUEU”, conluíu o director.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies