spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Festival Primavera do Cine en Vigo recibe preto de 200 filmes...

O Festival Primavera do Cine en Vigo recibe preto de 200 filmes cun gran aumento das obras de orixe brasileiro presentadas a concurso

O festival Primavera do Cine pechará o prazo de recepción desta VII edición o 28 de febreiro, en menos de dúas semanas

Quedan menos de dúas semanas para que o festival Primavera do Cine en Vigo peche o prazo para a inscrición de filmes e videoclips que se poderán presentar a concurso.

A organización do evento admite que este ano as produccións teñen unha calidade moi boa. A día de hoxe xa son preto de 200 as obras que se presentaron e nótase un gran incremento dos filmes de orixe brasileiro.

Tódolos cineastas ou produtoras que queiran enviar os seus proxectos poderán facelo inscribíndose na web ata o 28 de febreiro. Coma ven sendo habitual, os proxectos deberán ser de produción galega ou portuguesa e poderanse entregar tanto curtametraxes coma longametraxes e videoclips.

O FESTIVAL

O certame, que terá lugar entre o 9 e o 13 de maio e que conta xa cunha longa traxectoria na cidade de Vigo, seguirá mantendo as  dúas seccións orixinais (galega e portuguesa) xunto coas catro categorías nas que se veñen dividindo as proxeccións e os premios (curtametraxes, longametraxes, videoclips e animación).

Por outra banda a organización xa está traballando nas actividades paralelas que se levarán a cabo no mes de abril coma é o cine nos barrios. Un acto que achegará filmes de calidade a diferentes barrios vigueses como O Calvario ou Coia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.