spot_img
InicioBaixo MiñoFestival IKFEM 2018: unha vintena de propostas musicais e de lecer baixo...

Festival IKFEM 2018: unha vintena de propostas musicais e de lecer baixo o lema Women Sound

Festival IKFEM 2018: unha vintena de propostas musicais e de lecer baixo o lema Women SoundComeza a conta atrás para a sexta edición do International Keyboard Festival & Masterclass- IKFEM. Do 20 ao 24 de xullo, a Eurociudade Tui- Valença converterase na capital da música de instrumentos de teclado e durante eses 5 días ofrecerá unha completa programación formada por 25 propostas culturais e de lecer baixo o lema Women Sound, que ten o obxectivo de visibilizar e homenaxear ás mulleres compositoras e intérpretes. 

A programación de actividades de IKFEM de 2018 foi presentada pola directora do festival, Andrea González, e os rexedores de Tui e Valença, Carlos Vázquez Padín e Jorge Mendes, respectivamente, nun acto celebrado este mércores no Parador de Tui. Tamén participaron na presentación o xefe territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta en Pontevedra, César A. Pérez Ares; o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, e o técnico da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, André Rodrigues. Así mesmo, a artista Najla Shami (que dará un concerto na xornada inaugural de IKFEM) presentou un novo instrumento no repertorio do festival: a kalimba -tamén coñecido como piano de pulgar- e interpretou con el algunhas pezas musicais. Na súa sexta edición, o festival quere consolidarse como referente, sendo a única cita dedicada exclusivamente á música de instrumentos de teclado. Ademais, IKFEM achega un novo enfoque da música clásica, que convive en perfecta harmonía con outros estilos como son o electrónico, o jazz, o barroco, o contemporáneo, o fado ou as músicas de raíz.

O Paseo Fluvial é o marco seleccionado para dar o pistoletazo de saída ao festival de música de instrumentos de teclado da Eurociudad Tui – Valença. Durante toda a tarde do día 20 sucederanse as actividades culturais e de lecer. Ademais de gozar dos concertos ao aire libre de Júlio Resende, Najla Shami, Andrea González e Ghost Beast; haberá zona de ioga, actividades infantís e foodtrucks. Igualmente, os asistentes poderán dar paseos en kaiak polo Miño durante os concertos.

Tras a espectacular inauguración de 2017, cun concerto simultáneo de 10 pianos na Ponte Internacional, IKFEM volve elixir a contorna do río Miño para a súa xornada de apertura, que este ano ten un obxectivo solidario. Esta xornada inaugural estará dedicada aos afectados pola explosión de material pirotécnico de Paramos e no lugar colocaranse urnas para recadar donativos.

Ademais, tanto Xuventudes Musicais de Tui como o Concello desta localidade quixeron mostrar a súa solidariedade aos afectados pola traxedia de Paramos a través da contención do gasto en IKFEM, co fin de axudar a estas persoas. En todo caso, realizouse un especial esforzo para manter a calidade do programa artístico e ofrecer artistas de primeiro nivel.

Últimas confirmacións

O lema elixido para a sexta edición de IKFEM é Women Sound, que ten o obxectivo de visibilizar e recoñecer o papel feminino na música. Concertos de recoñecidas artistas, repertorio de obras compostas por mulleres e actividades culturais de reflexión sobre a igualdade de xénero son algunhas das iniciativas programadas.
Festival IKFEM 2018: unha vintena de propostas musicais e de lecer baixo o lema Women SoundArtistas da talla de Rosa Torres-Pardo, Rocío Márquez, Júlio Resende, Maria Ana Bobone, Fernando Miguel Jalôto, António Oliveira, Susana de Lorenzo, Beatriz López Suevos e Rosario Martínez forman parte do cartel xa confirmado para a sexta edición de IKFEM, no que tamén participará a propia directora do festival, Andrea González, cun concerto en solitario na xornada inaugural (con obras de Ludovico Einaudi) e outro a catro mans xunto a Daniel Pereira. Así mesmo, a gaiteira e pianista Cristina Pato protagonizará un encontro sobre emprendemento cultural.
Como últimas incorporacións ao programa destacan as actuacións de Ghost Beast (grupo de música electrónica e art-pop que presenta o seu primeiro álbum, Winter´ s Horns), o Dúo Xistra (frauta e acordeón), a Orquestra de Cámara Lira e os contacontos musicais de Touporroutou; así como a celebración dun encontro feminino para reflexionar sobre o papel da muller na música. Ademais, e do mesmo xeito que outros anos, a programación musical completarase cos concertos dos talentos IKFEM (participantes da programación de masterclasses) e dos teclistas da Eurociudad (alumnado dos conservatorios de Tui e Valença).
Durante os 5 días do festival, o tren da Eurociudad estará dispoñible para traslados entre Tui e Valença, facilitando deste xeito o acceso aos distintos puntos onde se celebrarán os concertos. Paseo Fluvial, Catedral, sede da UNED e Teatro en Tui e Praza da República (Fortaleza) en Valença son as localizacións deste ano.
Masterclasses
Aínda permanece aberto, ata o 15 de xullo, o prazo de inscrición ás masterclasses da sexta edición de IKFEM. O programa educativo incluirá as especialidades de piano, piano-jazz, canto lírico, teatro musical e pianista acompañante. As persoas interesadas poden acceder a toda a información e cubrir o formulario de inscrición na web do festival: www.ikfem.com.
Sobre IKFEM
IKFEM foi creado por Andrea González en 2013 a través de Xuventudes Musicais de Tui co obxectivo de crear un espazo de enriquecemento cultural e promoción dos novos talentos. O festival non sería posible sen o fundamental apoio do Concello de Tui, Cámara Municipal de Valença, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música, Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, Direção Rexional de Cultura do Norte, Instituto Camões e Fundación Segundo Gil Dávila, así como doutros colaboradores e patrocinadores.
PROGRAMACIÓN COMPLETA

IKFEM 2018: WOMEN SOUND

Unha homenaxe á muller compositora e intérprete española e portuguesa con instrumentos de teclado e variedade de estilos musicais.

20 DE XULLO: XORNADA INAUGURAL. PASEO FLUVIAL – TUI

18:30h. Zona yoga, zona infantil, zona kayak, zona foodtruck

19:00h. Najla Shami: Latitudes

20:30h. Andrea González: Ludovico Einaudi

21:30h. Júlio Resende: Amália, Fado & Further

23:00h. Ghost Beast: Winter´s Horns

 

21 DE XULLO: PRAZA DA REPÚBLICA (FORTALEZA) – VALENÇA

12:00h. Teclistas de la Eurocidade. Alumnado de los conservatorios de Tui y Valença

13:00h. António Oliveira: Diálogos de género (charla-concierto)

17:00h. Touporroutou: Cuentacuentos musical infantil

18:30h. Dúo Xistra: Resonancias

23.00h. Maria Ana Bobone: Piano & Fado

 

22 DE XULLO: PRAZA DA REPÚBLICA (FORTALEZA) – VALENÇA

12:00h. Orquesta de Cámara Lira: Miniaturas clásicas

13:00h. Susana de Lorenzo, Beatriz López-Suevos & Rosario Martínez:

Eugenia Osterberger (charla-concierto)

17:00h. Encuentro de mujeres en la música

18:30h. Talentos IKFEM: participantes de las masterclasses

23:00h. Andrea González & Daniel Pereira: Las danzas de la vida

 

23 DE XULLO. CATEDRAL – TUI

22:00h. Fernando M. Jalôto: Del claustro al salón. Música barroca para órgano en femenino

 

24 DE XULLO – TUI

11:30h. Cristina Pato: Trascendiendo disciplinas: el artista sostenible del siglo XXI

Encuentro abierto en la UNED

21:30h. Rosa Torres Pardo, Rocío Márquez & Clara Muñiz: Desconcierto

Teatro de Tui

As actividades serán de entrada libre ata completar aforamento a excepción do espectáculo de Rosa Torres-Pardo, Rocío Márquez & Clara Muñiz, o cal terá unha entrada a prezo de 4 euros. As entradas poderán retirarse unha hora antes no teatro.

- Publicidade -spot_img