spot_img
InicioBaixo MiñoFeijóo traslada ao Mecalia Atlético Guardés o orgullo dos galegos por ter...

Feijóo traslada ao Mecalia Atlético Guardés o orgullo dos galegos por ter “o mellor equipo de balonmán de España”

O Presidente da Xunta de Galicia anima ao club a seguir sendo un exemplo para as xeracións futuras

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitou onte ao club de balonmán Mecalia Atlético Guardés, gañador da Liga Loterías de Balonmán feminino e trasladou o orgullo dos galegos por ter “o mellor equipo de balonmán de España”.

Durante a recepción, Feijóo referiuse ao logro acadado como un éxito de todo o equipo e de todo o pobo da Guarda. E animou ao club a seguir sendo un exemplo para as xeracións máis novas, “porque o deporte- aseverou- non é só exercicio físico, é un estilo de vida, dedicación, entender aos demais e competir deportivamente. É, en definitiva, respecto, esforzo e determinación”.

- Publicidade -spot_img