spot_img
InicioGaliciaFeijóo asegura que a Feira Womex 14 converterá a Santiago na capital...

Feijóo asegura que a Feira Womex 14 converterá a Santiago na capital da música internacional

O titular da Xunta asistiu ao concerto inaugural da feira internacional da música; ‘Compostela, The Roots, The Way’

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu no serán de onte ao concerto inaugural da feira internacional da música Womex 14 celebrado no Auditorio de Galicia. A exposición mundial da música, que chega na súa vixésima edición a Santiago de Compostela, “converterá á cidade na capital da música internacional durante esta semana”, segundo dixo o presidente que tamén destacou un impacto económico previsto “antes, durante e despois da feira” duns 2,5 millóns de euros.

O titular do Goberno galego asegurou que a feira que terá lugar en Compostela ata o vindeiro 26 de outubro “é o máis importante mercado internacional de música mundial de todos os estilos” e contará con “participantes procedentes de case 100 países, máis de 300 xornalistas internacionais e 160 emisoras de radio”. Asemade, as máis de 3.000 persoas entre delegados, artistas, organización e técnicos que se aloxarán nestes días en Compostela producirán “un impacto directo na economía local”.

alberto nunez feijoo asiste ao concerto inaugural womex 2014. Compostela, the roots, the way foto: ana varelaSegundo enunciou Feijóo, Womex 14 -que se desenvolverá nos espacios da Cidade da Cultura e no casco histórico compostelán- terá como obxectivos principais ”incrementar a contribución actual do sector e da cultura ao PIB; posicionar a música, a produción cultural e a creatividade feita en Galicia no mercado internacional; e contribuír á promoción dun turismo de calidade en Galicia”.

‘Compostela, The Roots, The Way’
O mandatario galego afirmou que “non pode haber entón un mellor arranque para a exposición mundial da música” que o concerto ‘Compostela, The Roots, The Way’ no que participaron os músicos galegos Xosé Manuel Budiño, Mercedes Peón e Xabier Díaz acompañados por Jorge Pardo, António Zambrujo, Oreka TX e Germán López.

Nesta liña, Feijóo sinalou que tras o festival “Womex levará impregnada a marca Galicia alá por onde vaia para dar a coñecer aos pobos do mundo os sons da nosa historia”. O presidente gabou do mesmo xeito o traballo de músicos galegos que teñen contribuído a divulgar “unha cultura e unha lingua milenarias”.

A representación galega nesta edición número 20 do Womex “vai máis aló do eido artístico”, dixo Feijóo. “Galician Tunes será o paraugas creado pola Xunta para a promoción internacional da nosa música co que traballarán máis de 20 compañías que reflicten o potencial da industria dinámica e emprendedora”, engadiu.

Womex e Camiño
O presidente da Xunta fitou cara a sintonía que existe entre a música e Compostela aludindo ao “carácter internacionalizador e globalizador” que teñene ambas as dúas. Para Feijóo “non hai outro enclave mellor que Santiago de Compostela, meta de todos os Camiños, para celebrar a edición de 2014 desta feira mundial de sons, harmonía e ritmo, que xa é unha realidade”.

- Publicidade -spot_img