A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO-presentou o seu ambicioso proxecto “Vive O Morrazo” – www.viveomorrazo.com, un portal turístico que pretende situar no mundo online a comarca do Morrazo, amosando toda a súa riqueza natural, patrimonial e de ocio.
Trátase do primeiro portal turístico do Morrazo que reúne os atractivos dos tres concellos
Ademáis, os recursos recopilados amósanse ubicados nun mapa interactivo navegable por capas, onde o usuario pode escoller o que ver segundo as súas necesidades. Os servizos locais (edificios administrativos, centros de saúde, transporte, aparcadoiros, etc.) tamén están localizados para a súa consulta. En cada recurso amplíase unha ficha informativa con fotografías e información relevante.
A oferta gastronómica e de aloxamento tamén está representada no portal, adicándolle as seccións “CÓMETE O MORRAZO” e “QUÉDATE NO MORRAZO”, e amosando os resultados con ficha descritiva e ubicación, de igual xeito que os demáis recursos.
A información complétase cun calendario de eventos que recollerá o que vaia acontecendo en cada vila ao longo do tempo.
A páxina Vive O Morrazo pretende ser colaborativa e estar en constante mellora polo cal, tanto os datos dos recursos como os da axenda poden ser aportados tamén polos usuarios.
A oferta comercial e de promocións corre a cargo de FECIMO, creando o apartado “COMPRA NO MORRAZO”, unha páxina adxunta (www.compranomorrazo.com) onde poder consultar tanto as empresas asociadas, como a publicación de ofertas e tamén as actividades que está levando a cabo a federación no Morrazo.
Paralelamente, FECIMO está a desenvolver unha aplicación para os sistemas Android e IOS con toda a información recollida na páxina para que sexa máis doado a navegación dende os dispositivos móbiles.
FECIMO anima aos usuarios e entrar en www.viveomorrazo.com e agarda que esta ferramenta sexa de utilidade tanto para o público visitante como para os residentes das vilas de Bueu, Cangas e Moaña, que con ela poden descubrir e disfrutar de todo o que lles ofrece a súa contorna.
Vive O Morrazo seguirá activo nas redes sociais de facebook e twitter como ata agora, nas que reune xa a máis de 5000 seguidores en conxunto.
Ademáis, FECIMO reeditou os seus mapas impresos comarcais, revisando e mellorando o seu deseño. No anverso pode verse o mapa da península en conxunto e no reverso os rueiros dos tres concellos, indicando os servizos máis importantes. Estarán a partir de hoxe disponibles nas oficinas de Turismo dos tres concellos e serán repartidos tamñén nos establecementos de hostalaría asociados.




