spot_img
InicioBaixo MiñoFamiliares e amigos de Cela participan nun documental sobre os fortes vínculos...

Familiares e amigos de Cela participan nun documental sobre os fortes vínculos do escritor galego con Tui

familiares-e-amigos-de-cela-participan-nun-documental-sobre-os-fortes-vinculos-do-escritor-con-tui

O Teatro Municipal de Tui será escenario o vindeiro venres 27 de xaneiro do acto de homenaxe ao premio Nobel de Literatura, Camilo José Cela, co gallo de celebrar o centenario do nacemento do escritor gallego, quen mantivo unha estreita relación coa cidade onde naceu o seu pai e á que acostumaba visitar con frecuencia.

Na presentación aos medios dos detalles do evento ‘Cela en Tui‘,participaron a concelleira de Cultura, María José González, o sobriño do escritor, Julio Pérez Cela, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

familiares-e-amigos-de-cela-participan-nun-documental-sobre-os-fortes-vinculos-do-escritor-con-tui

O acto do vindeiro venres constará da proxección de parte do documental “El recuerdo más cercano” que, dirixido Carlos Agustín e Belén Tánago, narra a vida de Cela na voz dos seus familiares e amigos máis próximos. A continuación, abrirase un coloquio no que participará o seu fillo Camilo José Cela Conde (que viene desde California, donde traballa nunha universidade dese Estado,) o seu irmán Jorge Cela Trulock e o seu sobriño Julio Pérez Cela.

Este último lembrou que para o escritor, “Tui era xunto con Iria Flavia, a cidade galega máis importante na súa vida”. O seu sobriño afincado en Tui sinalou que “o escritor pasaba as súas vacacións e boa parte do seu tempo libre na cidade, a onde se desprazaba para lembrar os seus tempos de nenez”. 

Entre a súa extensa obra hai un libro “LA ROSA” que recolle anécdotas e moitos detalles das súas viaxes a Tui e cunha certa graza, é un libro moi ameno”:

familiares-e-amigos-de-cela-participan-nun-documental-sobre-os-fortes-vinculos-do-escritor-con-tui“La huerta de arriba estaba separada del cementerio por una alta tapia, toda llena de nichos por la parte de allá. De noche, subiéndose a los árboles de la huerta de arriba, podían verse los fuegos fatuos paseando por entre las tumbas, los ángeles de piedra y las cruces de hierro como fantasmas. Mi primo Manolito era muy entendido en fuegos fatuos.”

Aínda que Cela naceu en Iria Flavia, Padrón, o seu pai é oriúndo de Tui e influíu notablemente na vida do escritor galego. A familia do seu pai chegou a Tui procedente da parroquia de Santa Mª de Carballeda, pertencente ao concello de Pinar de Cea, e aquí instalados nunha casa situada no que hoxe é a rúa Maristas, formaron parte activa da vida política e social da cidade. “O bisavó colaborou con este concello, estivo como tenente de alcalde e fué alcalde durante un ano en 1905.”

Camilo José Cela é fillo predilecto da Cidade de Tui e conta cunha céntrica rúa na súa honra. Ademais, boa parte da familia aínda veranea e pasa estadías nas diferentes propiedades que posúen en Tui.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, sinalou a honra que supón para o Concello de Tui poder celebrar este acontecemento no que se salienta a estreita relación de Cela coa cidade. Cabaleiro sinalou que, en certo xeito, Camilo José Cela foi precursor das relacións interfronteirizas e do que hoxe coñecemos como Eurocidade Tui-Valença. De feito, foi declarado “socio honorario” polos Bombeiros Voluntarios de Valença e no 1993 entregaronlle en Padrón no seu nomeamento como “Bombeiro de honra” cun uniforme completo feito á súa medida.

BIOGRAFIA

Camilo José Cela Trulock naceu na localidade galega de Iria Flavia en Padrón, provincia de A Coruña, o 11 de maio de 1916. En 1942 arranca a súa carreira literaria coa publicación da súa primeira novela La familia de Pascual Duarte, á que seguiron trece novelas máis ata Madera de boj (1999). Salienta, tras La familia de Pascual DuarteLa colmena, editada en 1951 en Bos Aires polos seus problemas coa censura.

En 1989 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura, “pola súa prosa rica e intensa, que, con refreada compaixón, configura unha visión provocadora do desamparo do ser humano”. Dous anos antes recibira o Premio Príncipe de Asturias das Letras, e seis anos despois concedéuselle o máximo galardón das Letras Españolas: o Premio Cervantes.

- Publicidade -spot_img